ABANCA obtén licenza da FED para operar en Estados Unidos
- ABANCA abrirá unha oficina en Miami antes de que finalice 2018
- A entidade desenvolverá a súa actividade principal con empresas e non residentes
- Até a data, a rede exterior de ABANCA conta con 13 oficinas en 9 países
ABANCA obtivo hoxe a licenza da Reserva Federal dos Estados Unidos (Fed) para abrir unha oficina en Miami e operar en Estados Unidos.
A licenza, que chega despois dun ano de traballo no proxecto, permitirá a ABANCA desenvolver actividade total con empresas e non residentes, e en determinadas circunstancias desenvolver operativa con rendas medias e altas. Miami é unha cidade con gran presencia de non residentes latinoamericanos, españois e portugueses, colectivos nos que se centrará a estratexia de crecemento de ABANCA.
Con esta nova apertura, o obxectivo de ABANCA é seguir crecendo en mercados de alto potencial e, como no caso de Portugal, no segmento da empresa e das rendas medias e altas.
A oficina de Miami, situada na zona financeira de Brickell, abrirá antes de que finalice 2018 e contará con 12 empregados, catro españois e o resto estadounidenses.
A autoridade monetaria do país norteamericano ha tomado en consideración para a súa decisión o nivel de solvencia de ABANCA e a súa experiencia e modelo de xestión. A Fed salienta que o capital de ABANCA está por encima dos niveis mínimos que requiriría o Acordo de Basilea e considéranse equivalentes ao capital que se requiriría dunha institución bancaria dos Estados Unidos.
A Fed engade que ABANCA ten a experiencia e a capacidade para poñer en marcha a sucursal proposta e que a entidade estabeleceu controles e procedementos para que a oficina garanta o cumprimento da lexislación estadounidense e das súas operación en xeral.
ABANCA está presente a través de oficinas de representación en Brasil, México, Panamá, Venezuela, Francia, Alemaña e Reino Unido. Ademais, a entidade conta con centros en Portugal, con ficha bancaria propia, e Suíza, con oficinas de ambas as modalidades.