ABANCA obtén un BAI de 474 millóns e reforza o seu capital ata o 12,80%
Resultados terceiro trimestre 2014
- Os depósitos presentan un incremento de 1.062 millóns de xaneiro a setembro
- A morosidade mellora 3,8 puntos e sitúase no 13,8%
- A entidade incrementa a súa cota de mercado en Galicia
- ABANCA e Banco Etcheverría culminarán a súa fusión este mes
ABANCA obtivo nos primeiros nove meses de 2014 un beneficio antes de impostos de 474 millóns de euros. Este resultado baséase na recuperación da marxe da actividade comercial, o alto nivel de saneamento da carteira crediticia e a optimización da carteira de renda fixa.
O banco, que se fusionará este mes con Banco Etcheverría, continuou elevando o seu capital ata unha ratio CET1 del 12,80% e reforzou o seu liderado en crédito e depósitos minoristas en Galicia, o seu mercado de referencia.
A rendibilidade, concepto que reflexa a actividade bancaria básica con clientes, continúa ascendendo e sitúase no 1,9%, fronte ao 1,5% de hai un ano, un 26,7% máis.O beneficio neto ascendeu a 342 millóns de euros.
Crédito e depósitos
A entidade concedeu financiamento a empresas e familias por importe de 4.500 millóns de euros, dos cales 2.356 millóns corresponden a novas operacións de hipotecas, préstamos ao consumo e longo empresa, e os 2.144 restantes a financiamento empresarial a través de liñas de desconto, confirming, factoring e comercio exterior.
A cota de mercado de crédito en Galicia creceu en 123 puntos básicos no primeiro semestre (último período comparable). Tendo en conta unicamente o crédito a particulares e empresas, o crecemento é de 172 puntos básicos. Setembro rexistra por primeira vez un crecemento neto positivo no saldo de créditos na rede comercial.
A captación de depósitos rexistrada nos últimos meses encádrase na estratexia de sostibilidade da entidade a futuro. De xaneiro a setembro os depósitos creceron en 1.062 millóns. No primeiro semestre (último con información sectorial comparable), ABANCA incrementou en 90 puntos básicos a súa cota de mercado de depósitos en Galicia. Tamén se mantén á alza a captación de recursos xestionados fóra de balance, que aumentaron en 135 millóns ata acadar os 3.420 millóns de euros ao peche de setembro. Neste capítulo destaca o incremento do 21,3% en patrimonio xestionado en fondos de investimento.
Redución de gastos
Os gastos de explotación baixaron un 14,9% respecto a setembro de 2013, incluíndo os gastos derivados do lanzamento do novo banco, o que significa un aforro de 65 millóns de euros. Os gastos de persoal reducíronse nun 21,2%. A 30 de setembro, o cadro de persoal do grupo ABANCA está composto por 4.373 persoas.
A entidade opera a través dunha rede formada por 591 oficinas, 580 en España e 11 noutros países.
Menos mora
Tralo esforzo realizado en exercicios anteriores, a conta de resultados de ABANCA rexistrou unha redución nas necesidades de saneamento. O resultado del AQR (Revisión de Calidade dos Activos) realizado recentemente polo BCE sitúa a ABANCA como quinta entidade española e vixésima europea pola calidade dos seus activos actuais e nivel de provisión.
O saldo de créditos dubidosos reduciuse nun 17% nos nove primeiros meses do ano. A taxa de cobertura destes créditos acada nestes momentos o 58,2%, 1,8 puntos máis que ao peche de 2013.
A taxa de morosidade mellorou en 3,8 puntos porcentuais, situándose no 13,8%.
Solvencia e liquidez
O capital de máxima calidade actual elévase a 2.939 millóns de euros, o que supón unha ratio do 12,80% baixo os criterios establecidos por Basilea III para o final do período transitorio en 2019 (Common Equity Tier 1 – CET1 fully loaded), 2,6 puntos máis que ao peche de 2013.
ABANCA superou as recentes probas de resistencia realizadas polo BCE situándose como unha das entidades máis sólidas e solventes do sector bancario español en calquera dos supostos proxectados na análise. Para el escenario económico más probable, ABANCA sería, cunha ratio CET1 do 13,90%, a segunda entidade española máis solvente das 15 analizadas.
Sobre as 130 entidades europeas analizadas, ABANCA ocuparía o posto 35. Para o escenario máis adverso, ABANCA sería, cunha ratio CET1 del 9,14% e unha folgura de capital de 814 millóns, a quinta entidade española e a 43ª europea máis solvente. ABANCA dispón dunha posición de liquidez cifrada en 9.016 millóns de euros, cunha folgura de 1.958 millóns sobre os vencementos de emisións existentes.
Conta de resultados consolidada pública
Ver imaxe 2 (en millóns de euros)
Nota: As marxes de 2013 y 2014 non son comparables, debido ás vendas de negocio realizadas pola entidade durante 2013 ao Banco Etcheverría e a fondos internacionais en cumprimento do anterior Term Sheet