ABANCA ofrece aos asociados de CECAP Asturias novas opcións de financiamento
- As dúas entidades impulsan o crédito coa firma dun convenio que inclúe desde anticipos ata préstamos hipotecarios con condicións melloradas
- O banco eliminará as comisións máis habituais en produtos e servizos aos asociados a cambio dunha mínima vinculación
ABANCA e a Asociación de Empresas de Consultaría e Formación do Principado de Asturias (CECAP) iniciaron hoxe a súa colaboración en materia financeira tras a firma dun convenio. Grazas a este texto, as dúas entidades suman esforzos para facilitar o acceso ao crédito en condicións máis favorables aos asociados de CECAP en Asturias.
No acto, celebrado esta mañá en Oviedo, participou o director territorial de ABANCA en Asturias e León, Marcos Lamas Seoane, e o presidente de CECAP Asturias, Luis Valdés García. Unha firma que pon a disposición dos integrantes desta asociación un amplo catálogo de produtos con condicións melloradas e que serve como mostra do compromiso co tecido empresarial asturiano.
O convenio de financiamento facilita ás pemes e autónomos asociados o acceso a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Entre os produtos máis atractivos que poden contratar estes clientes figuran préstamos persoais con amplos prazos de amortización, anticipos sen comisións ou xuros, leasing mobiliario ou desconto comercial, entre outros. Tamén accederán a tarifas especiais nos seus cobros con Terminais Punto de Venta (TPV), así como a asesoramento especializado en materia de seguros e banca electrónica.
Os asociados de CECAP Asturias tamén poderán eliminar as comisións máis habituais na contratación de produtos e servizos, grazas ao Programa Cero Comisións. Con este plan de beneficios de ABANCA, elimínanse os pagos polo mantemento das contas ou tarxetas, pero tamén polas transferencias ou ingresos de cheques, entre outros.
CECAP Asturias é a asociación de referencia no Principado e aglutina ás empresas consultoras e de formación. Foi creada no 2007 e conta na actualidade cuns 35 socios. ABANCA, pola súa parte, é a entidade financeira de referencia no noroeste español, cunha rede de case 700 oficinas e unha clara orientación cara ao tecido empresarial.