ABANCA ofrece aos seus clientes ‘Júbilo’, un servizo de asesoramento personalizado para aforrar para a súa xubilación
- Os profesionais da entidade financeira mostrarán ao cliente unha fotografía de como será a súa xubilación tendo en conta os diferentes escenarios de salario, pensión, aforro, rendibilidade, etc.
- ‘Júbilo’ tamén ofrece asesoramento fiscal para que saiban como lles pode beneficiar o plan de pensións na súa declaración da renda
ABANCA vén de lanzar ‘Júbilo’, un novo servizo de asesoramento personalizado para que os seus clientes poidan aforrar máis e xubilarse mellor. Os profesionais da entidade financeira galega ofrecerán aos clientes información personalizada sobre as posibilidades de aforro que teñen para a súa xubilación e entregaranlles un documento no que poderán ver reflectido como será a súa xubilación tendo en conta os diferentes escenarios de salario, pensión, aforro, rendibilidade, etc. “Esta información permitirá aos clientes realizar unha planificación das achegas que terían que realizar ao seu plan de pensións, coñecer a evolución do capital acumulado ou o beneficio fiscal que obterá”, explica Óscar Paz, director de Desenvolvemento de Negocio de ABANCA Seguros.
Con ‘Júbilo’ tamén se poderá obter en todas as oficinas de ABANCA asesoramento fiscal sobre os plans de pensións para que o cliente saiba como lle pode beneficiar este produto na súa declaración da renda.
Coa posta en marcha desta iniciativa, ABANCA convértese en entidade de referencia en asesoramento para a xubilación ao pór a disposición dos seus clientes ao equipo de profesionais e expertos do banco para que lles informen de todas as opcións de aforro que teñen para gozar dunha xubilación mellor. “Queremos que os nosos clientes aborden a súa xubilación sen preocupacións e con ‘Júbilo’ achegámonos a esta etapa dunha maneira diferente, máis positiva e optimista. Con este servizo de asesoramento os clientes saberán como sacar a maior rendibilidade a un plan de pensións”, sinala Óscar Paz.
A primeira achega, gratis
A campaña de plans de pensións inclúe tamén unha bonificación en efectivo de ata o 4% para traslados doutras entidades e achegas extraordinarias e, ademais, se dá de alta unha cota periódica, a primeira cota que achegue o cliente devólveselle en efectivo. Non hai límite de cantidade, a única condición é manter a achega periódica durante catro anos.
Este novo servizo de asesoramento personalizado de ABANCA está deseñado para todo tipo de clientes, novos e maiores, que queiran utilizar os plans de pensións como vehículo investidor cun horizonte de liquidez próximo ou aqueles que buscan rendibilizar os seus aforros a longo prazo.
Coa posta en marcha de ‘Júbilo’, ABANCA avanza na súa estratexia de mellorar a calidade de servizo a través dunha oferta de valor diferencial e dunha atención e asesoramento personalizados.