ABANCA ofrece crédito ás empresas das principais áreas industriais de Asturias
- O director territorial do banco en Asturias/León, Marcos Lamas, asina un convenio de colaboración coa Federación de Áreas Empresariais de Asturias
- A entidade financeira chega con este acordo a 21 polígonos nos que se emprazan 750 empresas asturianas
- ABANCA comprométese co tecido produtivo do Principado a través de produtos e servizos adaptados ás súas necesidades
ABANCA dá un impulso ao crédito ás empresas de Asturias. Este é o principal obxectivo que persegue o convenio de colaboración que a entidade financeira asinou esta mañá en Oviedo coa Federación de Áreas Empresariais de Asturias (AREAS). Grazas a este novo texto, o banco ofrece produtos adaptados ás necesidades dun colectivo formado por preto de 750 empresas.
Na firma deste novo protocolo participaron o director territorial de ABANCA en Asturias/León, Marcos Lamas, e o presidente da Federación de Áreas Empresariais de Asturias, Pablo Garcia-Vigón. Desde este momento poderanse beneficiar destes produtos e servizos as empresas que forman parte dos polígonos de Bankunion I (Xixón), Bankunion II (Tremañes-Xixón), Bravo (Siero), Granda II (Granda-Siero), La Lloreda (Gijón), Llames (Siero), Nuevo Granda (Siero), Perográn (Siero), Promosa (Tremañes-Xixón), Proni (Meres-Siero), Sánchez Cima (Corvera), Sariego (Sariego), Silvota (Llanera), La Consolación (Corvera), La Meana (Siero), La Vega (Xixón), Las Vías (Meres-Siero), Los Campones (Tremañes-Xixón), Los Peñones (Lugones-Siero), Puente Nora (Siero) e Sía Copper (Lugones-Siero).
En esencia, a entidade financeira habilita solucións para as necesidades reais deste colectivo, tanto para acometer investimentos, como para facer fronte á actividade diaria. Precisamente, para apoiar a posta en marcha de proxectos ou reforzar a competitividade dos actuais, ABANCA ofrece produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. O convenio firmado tamén contempla as alternativas do financiamento oficial a través de diversos programas do ICO ou de Asturgal SGR.
Os empresarios destas áreas industriais, claves na economía produtiva de Asturias, poderán contratar pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que se configuraron como elementos indispensables para a xeración de emprego e riqueza.
De maneira adicional, o convenio tamén contempla que o banco facilite a contratación de medios de pago como TPV. Por último, os empresarios destas áreas industriais accederán a unha atención personalizada en materia de seguros, así como ás últimas ferramentas a distancia de ABANCA.