• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA ofrece financiamento adicional ás áreas industriais da contorna de Vigo

  • O director territorial do banco en Vigo, Walter Álvarez, participa nun acto para achegarse ás necesidades dos principais polos produtivos do sur da provincia
  • A entidade financeira renova a súa colaboración cos representantes das asociacións de empresarios dos principais polígonos de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán
  • Os espazos industriais tamén accederán á oferta formativa de posgrao e especializada de IESIDE

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (quinto pola esquerda), durante o acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

06-02-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web achégase ás necesidades de crédito do tecido produtivo do sur de Galicia e especificamente das áreas industriais da contorna de Vigo. O banco reedita así o seu plan de financiamento que se compromete directamente coa viabilidade e o crecemento dalgúns dos principais focos de emprego e riqueza da provincia.

A entidade financeira escenificou este apoio cun acto celebrado na súa sede institucional na cidade olívica, no que participou o director territorial en Vigo, Walter Álvarez. Ante os representantes das asociacións das maiores áreas industriais de Vigo e a súa área metropolitana, Álvarez foi o encargado de debullar as novidades desta proposta de financiamento adaptada.

As alternativas de créditoSerás redirixido a outro sitio web que ofrece ABANCA están recollidas no convenio de colaboración que une á entidade financeira coas asociacións que agrupan as principais áreas industriais de Vigo, O Porriño, Mos, Tui, Gondomar, Salvaterra e Nigrán. Por parte deste colectivo participaron Roberto Cavallo, presidente da Asociación de Empresarios Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares; Giorgio Casoni, presidente da Asociación Empresarial Áreas de Tui; Javier Díaz, presidente da Asociación de Empresarios A Pasaxe; Santiago Gomara, presidente da Asociación de Empresarios As Gándaras; Manuel Castro, presidente da Asociación de Empresarios de Mos (que agrupa os polígonos mosenses da Veigadaña e O Rebullón); Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación A Granxa; Juan Carlos Lemos, presidente da Asociación de Propietarios e Empresarios do Polígono Chan da Ponte de Salvaterra e David Regades, delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo (en representación das áreas industriais de Balaídos, Porto do Molle en Nigrán e Área Portuaria de Bouzas).

O plan de financiamento a disposición das empresas emprazadas nestas áreas industriais responde de maneira integral ás súas necesidades. De maneira adaptada, permite tanto acometer investimentos, como reforzar a competitividade destes proxectos. Os empresarios destas áreas terán á súa disposición produtos especificamente deseñados e con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliarioSerás redirixido a outro sitio web, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.

A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos como pólizas de créditoSerás redirixido a outro sitio web, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e do Igape.

ABANCA consolídase como a entidade financeira de referencia nestas áreas industriais, grazas a unha proposta de valor que se completa coa rede de oficinas máis extensa de Galicia, produtos a medida das súas necesidades e unha ampla especialización dos seus xestores. Todo iso para consolidar o crecemento duns polos industriais e de coñecemento que configuráronse como elementos indispensables do tecido produtivo autonómico.

Acordo formativo con IESIDE

De maneira paralela a este acto, os representantes destas asociacións de empresarios tamén subscribiron un protocolo de colaboración formativa co Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE). Este acordo permitirá cumprir coa vocación da entidade académica e potenciar o seu vínculo co mundo profesional. As empresas poderán beneficiarse de descontos á hora de realizar estudos de grao e posgrao na entidade académica, así como acceder a programas formativos a medida.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .