ABANCA ofrece opcións de crédito para a compra de vivenda aos clientes de Asocias
- O banco e a asociación que agrupa ás principais inmobiliarias de Asturias firman un acordo para facilitar o acceso a financiamento hipotecario
- A rúbrica permite ás dúas entidades acelerar e simplificar os trámites para acceder, en condicións melloradas, á Hipoteca Mari Carmen a tipo fixo, variable e mixto
ABANCA e a Asociación Inmobiliaria de Asturias (Asocias) subscribiron un protocolo de colaboración para facilitar o acceso a financiamento hipotecario a quen desexe adquirir unha vivenda. O acordo facilita desde este momento que as inmobiliarias asociadas do Principado ofrezan aos seus clientes o catálogo de produtos de crédito da entidade financeira para a compra de inmobles.
A firma do convenio tivo lugar esta mañá na oficina de ABANCA da rúa Corrida en XixónSerás redirixido a outro sitio web e participaron Catalina Domingo e César Nozal, presidenta e coordinador de AsociasSerás redirixido a outro sitio web respectivamente, e Marcos Lamas, director territorial de ABANCA en León/Asturias. Este compromiso chega semanas despois da presentación por parte do banco dun plan de impulso para familias e empresas da comunidade que inclúe alternativas de crédito e a mellora da calidade de servizo a través de espazos máis modernos, funcionais e coas últimas solucións tecnolóxicas.
O traballo conxunto das dúas entidades permite ofrecer aos potenciais compradores de vivenda a Hipoteca Mari Carmen de ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Trátase dun produto con condicións moi atractivas e que elimina comisións tan habituais como a de estudo, subrogación e modificación contractual. Este produto de crédito aposta pola flexibilidade e permite aos clientes prazos de amortización de ata 30 anos.
A Hipoteca Mari Carmen ofrécese ademais en tres modalidades que permiten adaptarse ás necesidades de cada cliente. Quen desexe que a cota permaneza inalterada durante toda a vida do préstamo terá á súa disposición a hipoteca a tipo fixo, mentres que quen opte pola modalidade variable poderá acceder a un tipo máis atractivo ligado á evolución do Euribor. ABANCA tamén ofrece a comercialización aos asociados de Asocias dunha última versión de préstamo hipotecario a tipo mixto, que combina unha modalidade fixa os primeiros dez anos e variable posteriormente.
Este acordo permite á entidade financeira incorporar novos canais de distribución para a comercialización dos seus produtos hipotecarios en Asturias, mentres que os asociados de Asocias incrementan as alternativas de asesoramento financeiro que poden ofrecer aos seus clientes.
Un momento clave para o sector
A firma deste convenio para impulsar a comercialización de vivendas chega nun contexto clave para o sector. Precisamente a Asociación Inmobiliaria de Asturias presentou onte o seu informe anual sobre a evolución da compravenda de vivendas na comunidade, no que constataron un maior dinamismo das transaccións e un lixeiro incremento do prezo medio de venta. Este estudo desvela tamén que crece o número de asturianos que compra unha vivenda e posteriormente alúgaa para obter unha rendibilidade co seu investimento.
Este acordo permite contar cun acceso directo ao crédito desde as preto de 30 inmobiliarias que conforman Asocias. Esta axilidade nos prazos de tramitación do financiamento va a simplificar o proceso de adquisición dunha vivenda.