ABANCA ofrece un novo servizo de atención aos seus clientes polas tardes
- 40 sucursais nas principais cidades e cabeceiras de comarca abrirán de 16.30 a 18.45 horas con servizo de caixa
- O resto de oficinas atenderán aos clientes polas tardes con servizo de cita previa

ABANCA pon en marcha un novo servicio de atención aos seus clientes polas tardes con cita previa.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

40 oficinas de ABANCA abrirán todas as tardes de luns a xoves para dar servicio aos clientes.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA reforzou o servizo de atención que ofrece aos seus clientes polas tardes, adaptando o horario das súas oficinas ás demandas dos usuarios.
A partir do próximo luns, 19 de xaneiro, ABANCA abrirá 40 oficinas polas tardes con todos os servizos a disposición do cliente (contratación de produtos, operacións de caixa, etc.). O resto de sucursais atenderán tamén aos clientes todas as tardes con servizo de cita previa. As 8 oficinas de empresas existentes en Galicia terán un horario diferenciado, non pecharán ao mediodía de luns a xoves y con atención comercial de 8.00 a 19.00 horas.
Este novo horario comercial fai posible dispor de máis tempo de atención ao cliente polas tardes (previa cita) e ofrecer unha atención máis personalizada, axustando o horario das sucursais ás necesidades dos clientes.
As corenta oficinas que abrirán ao público mañá e tarde están situadas nas principais cidades e cabeceiras de comarca nas que ABANCA ten sucursal. En concreto, 26 atópanse en Galicia e 14 no resto de España. O horario de atención aos clientes destas sucursais será de 8.15 a 14.15 polas mañás de luns a venres e de 16.30 a 18.45 horas as tardes de luns a xoves.
O resto de oficinas da entidade financeira abrirán ao público de 8.15 a 14.15 horas de luns a venres e os xoves pola tarde de 16.30 a 18.45 horas. As tardes de luns, martes e mércores, os clientes poderán solicitar cita previa cos xestores de ABANCA para realizar calquera xestión comercial (contratacións, solicitude de información…) excepto operacións de caixa, que estarán limitadas exclusivamente ás tardes dos xoves.
O novo horario e os novos servizos ofrecidos pola rede comercial da entidade son resultado do último pacto laboral subscrito o pasado mes de decembro entre ABANCA e o 72,67% da representación sindical do seu persoal. A firma deste acordo permitiu eliminar as saídas forzosas pactadas no Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que a entidade ten en vigor e a posta en marcha de novas medidas de aforro para mellorar a eficiencia e a atención ao cliente.