• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA optimiza as oficinas de empresas con máis especialización, tecnoloxía e atención

  • O centro está dotado con equipamento tecnolóxico de última xeración que facilita a mobilidade e reduce tempos de espera e procesos
  • O persoal da oficina destaca polo seu alto nivel de especialización en áreas de negocio como comercio exterior, seguros e produtos de tesourería
  • Máis de douscentos empresarios asisten á inauguración da oficina, acompañados polos principais directivos do banco
  • A entidade prima este ano o negocio con pemes e empresas e prevé conceder 11.000 millóns en novo crédito a este segmento ata 2018

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo durante a inauguración da oficina de empresas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O vicepresidente, o conselleiro delegado e o director territorial de Vigo interveñen na inauguración da oficina de empresas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Panorámica do acto de inauguración da oficina de empresas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-04-2016
Negocio

ABANCA presentou hoxe a súa nova oficina de empresas en Vigo, coa que mellora o servizo a este segmento de clientes a través dunha atención máis personalizada, unha maior especialización e elementos tecnolóxicos de última xeración.

O centro, localizado no baixo da sede institucional do banco en Vigo, está en consonancia co modelo de atención especializada a empresas que está impulsando a entidade financeira galega. Conta cun equipo de trece profesionais cun elevado nivel de especialización, entre os que figuran xestores especialistas en áreas de negocio moi requiridas polas empresas, como son o comercio exterior, os seguros e os produtos de tesourería.

A oficina ten unha superficie de máis de 300 metros cadrados, con espazos abertos e sen barreiras, repartidos en catro zonas diferenciadas: distribución, xestión comercial especializada, asesoramento e back office. A atención ao cliente concéntrase na zona de asesoramento, con catro salas de reunións que permiten maior privacidade e unha atención máis personalizada.

Este novo espazo está dotado co equipamento e funcionalidades tecnolóxicas máis innovadoras do mercado, que facilitan a mobilidade dos xestores e reducen tempos de espera e procesos. Todos os xestores contan con tabletas Microsoft Surface, dispositivos de traballo con funcionalidade de PC que permiten atender ao cliente en calquera lugar, incluso na súa propia empresa.

A oficina de empresas de Vigo é a primeira da rede de empresas do banco adaptada ao novo modelo de oficina ABANCA, deseñado para mellorar a calidade de servizo ao cliente a través de solucións tecnolóxicas de última xeración, amplos espazos abertos (non hai mostradores nin despachos) e zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente. Esta nova organización das oficinas da entidade financeira galega obedece a un modelo de relación co cliente máis funcional, próximo, innovador, eficiente e sostible.

Negocio con empresas, prioritario en 2016

Á presentación da nova oficina asistiron máis de 200 empresarios de Vigo e a súa zona de influencia, acompañados polos principais directivos de ABANCA e distintos cargos da área de empresas da entidade. Durante o acto, o vicepresidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet, resaltou que “as empresas son un segmento de negocio prioritario para ABANCA e ímoslle dar un impulso durante este ano”. “Queremos seguir sendo o principal aliado do tecido empresarial galego apoiándoo, principalmente a través do financiamento, tanto no seu día a día coma nos seus proxectos de crecemento e expansión internacional”, sentenciou. Pola súa banda, o conselleiro delegado, Francisco Botas, anunciou que “o plan de impulso á empresa que deseñou a entidade para 2016 contempla crecementos de dous díxitos tanto en financiamento de circulante coma en préstamos a longo prazo para apoiar novos proxectos de investimento”. “Para desenvolver este plan contamos con dous elementos diferenciais no mercado: a nosa especialización e coñecemento do tecido empresarial galego e a capilaridade da nosa rede de oficinas, a maior de Galicia”, explicou.

ABANCA contempla no seu plan de negocio un obxectivo de concesión de 11.000 millóns de euros en novo crédito para a empresa durante os próximos tres anos. A entidade financeira financia ao 61% das pemes e empresas galegas con débeda bancaria, e suma 12.900 millóns de euros na súa carteira de investimento empresarial. O banco ten na súa base de clientes máis de 272.000 empresas e autónomos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .