ABANCA organiza un triangular virtual de fútbol para recadar fondos para a loita contra os efectos do coronavirus
- Xogadores do Celta, Deportivo, CD Lugo e artistas galegos enfrentaranse nun torneo de FIFA 20
- O torneo disputarase dende o venres 17 ata o domingo 19 entre aas 19.30 e as 20.30 horas
- Os partidos poderán seguirse en directo na TVG2, Facebook Live ou a web desafío.abanca.com

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA organiza para o vindeiro fin de semana un torneo solidario de FIFA 20 para recadar fondos que contribúan a paliar os efectos do coronavirus. O Servizo Galego de Saúde ten aberta en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que se entregarán ao SERGAS ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.
Un torneo cos principais equipos galegos
O torneo do próximo fin de semana reunirá aos tres principais equipos del fútbol galego que axudarán deste xeito ao fin benéfico do torneo. Desafío ABANCA celebrarase os días 17, 18 e 19 de abril entre as 19.30 e 20.30 horas. Cada encontro terá unha duración de 20 minutos e cada equipo xogará un total de catro partidos, nos que participarán artistas galegos e futbolistas do Celta, Deportivo e CD Lugo.
Os integrantes confirmados para xogar son Denis Suárez, Brais Méndez, Fran Cañotas e Duarte Galbán no Celta, Víctor Mollejo, Mujaid Sadick, Marcos Pereiro e Rodrigo Vázquez no Deportivo e, Yanis Rahmani, Jaime Seoane, Victor Grande e Brais Doval no CD Lugo.
Os partidos contarán con Donato, Manel e Manu Rodríguez como ilustres comentaristas e serán narrados pola xornalista Rocío Candal. Todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada desafio.abanca.com, a TVG2 e Facebook Live.
Outras iniciativas
Esta iniciativa súmase a outras tomadas polo banco nas últimas semanas para tratar de paliar as consecuencias económicas, sanitarias e sociais da expansión do COVID-19. Neste sentido, ABANCA realizou fai unhas semanas a compra de 150 unidades individuais de coidados intensivos que se doaron ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), da Xunta de Galicia, para axudar a todos aqueles pacientes que ingresen con insuficiencias respiratorias. Ademais, a vindeira semana ABANCA e Afundación repartirán 20.000 máscaras quirúrxicas e 7.000 pantallas faciais protectoras entre todas as residencias de maiores, públicas e privadas, de Galicia.
ABANCA tamén decidiu manter seus patrocinios en deporte base e profesional a pesar da suspensión das competicións, e tódolos clubes recibirán nas datas previstas as cantidades estipuladas nos acordos de patrocinio que manteñen con ABANCA.
Por outro lado, no ámbito financieiro, a entidade adelantou o pago das pensións e da prestación por desemprego e puxo en marcha o ‘Plan Anticipar’ mediante o que movilizou 7.900 millóns de euros en liñas de liquidez para empresas, pymes, autónomos, negocios e comercios. Tamén no terreo da financiación, ABANCA comezou a formalizar operacións de financiación con aval do Estado.