ABANCA organiza unhas sesións de formación para mozos na Universidade de Oviedo
- Durante 4 meses os estudantes poderán coñecer o traballo de perfís profesionais relacionados co sector financeiro, o marketing ou a publicidade
- O programa formativo ‘Móvete xa’ está dirixido a estudantes dos últimos cursos de diferentes graos universitarios de Oviedo
ABANCASerás redirixido a outro sitio web vén de poñer en marcha, en colaboración coa Universidade de OviedoSerás redirixido a outro sitio web, o programa de formación ‘Móvete xa’, que permitirá a estudantes que están a piques de finalizar os seus estudos achegarse ao mundo profesional e coñecer o traballo de perfís profesionais relacionados co sector financeiro, a xestión de proxectos, o marketing ou experiencia cliente, entre outros.
A formación é o alicerce fundamental de ‘Móvete xa’. O programa inclúe catro xornadas formativas presenciais que impartirán na Universidade de Oviedo profesionais en activo da entidade financeira galega sobre o negocio bancario, tales como produtos financeiros, experiencia de cliente, xestión de proxectos ou novas formas de traballar, entre outras materias.
A primeira sesión terá lugar o venres, 21 de febreiro, e nela explicarase ‘Como funciona un banco e como xestionar proxectos’. O programa continuará o venres 13 de marzo coa sesión ‘Desenvolvemento de negocio e experiencia cliente’. O 3 de abril será a quenda dos profesionais de marketing e publicidade que falarán sobre marketing dixital e marca. Por último, o 24 de abril celebrarase a última sesión na que se abordarán ‘Novas formas de traballar e emprendemento’. As xornadas desenvolveranse de 9.30 a 14.00 horas no Edificio do Vicerreitorado de Estudantes da Universidade de Oviedo.
A esta primeira edición do programa en Asturias asistirán un total de 50 universitarios que están a cursar os últimos cursos de diferentes graos universitarios. Despois das sesións formativas, os asistentes poderán participar nos procesos de selección para traballar en ABANCASerás redirixido a outro sitio web e así poder aplicar no mundo empresarial todos os coñecementos adquiridos.