• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA organizará este curso 936 actividades de educación financeira que chegarán a 31.200 persoas

  • O banco reforzará a programación dirixida aos maiores de 55 anos para dar resposta a unha das necesidades detectadas no estudo que realizou co obxectivo de coñecer en profundidade a este colectivo
  • A entidade presentou o traballo de investigación e o seu programa de educación financeira 2018-2019 coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores e o Día da Educación Financeira

De esquerda a dereita, Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares de ABANCA, Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC eComunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e Pedro Otero, director xerente de Afundación, durante a presentación do estudo e o programa de educación financeira 2018-2019.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Estudio cualitativo séniors activos Estudio cualitativo sobre hábitos, intereses e preocupacións dos maiores de 55 anos realizado pola consultora Big Band e ABANCA. Ver ficheiro PDF
01-10-2018
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web ampliará este curso 2018-2019 as actividades organizadas no marco do seu programa de educación financeira dirixidas ao colectivo de maiores de 55 anos. Este bloque ocupará un lugar destacado dentro das 936 iniciativas que desenvolverá a entidade co fin de contribuír a mellorar os coñecementos financeiros de 31.200 persoas.

O banco trata de dar resposta así a unha das carencias detectadas no estudo que realizou para coñecer en profundidade a este segmento da poboación, que cada vez ten maior peso na sociedade, e cuxas conclusións presentou publicamente coincidindo co Día Internacional das Persoas Maiores e o Día da Educación Financeira.

Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, sinalou que este traballo de investigación responde á preocupación do banco polos maiores de 55 anos, un grupo que, segundo indicou “ten unhas necesidades financeiras, de asesoramento e de atención moi concretas, que van en aumento e que na actualidade non son atendidas de maneira global por practicamente ningunha industria”.

Segundo se reflicte no estudo, presentado por Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares de ABANCA, e realizado polo banco en colaboración con Afundación e a consultora Big Band, este colectivo caracterízase fundamentalmente pola súa actitude positiva ante esta nova etapa e unha vida social activa. Os datos extraídos da enquisa realizada entre os socios dos Espazos +60 de Afundación indican que un 66% realiza con frecuencia actividades deportivas, o 52% participa con asiduidade en actividades culturais e formativas e un 49% realiza habitualmente viaxes particulares. Ademais, un 70% estarían interesados en participar en accións de voluntariado nas que poidan achegar a súa experiencia.

As respostas obtidas poñen de manifesto que se están incorporando progresivamente ao mundo dixital, a maioría dispón dun dispositivo Smartphone e usa servizos de mensaxería instantánea (80%) e correo electrónico (66%). Utilizan en menor medida as redes sociais (35%) e son máis remisos a realizar compras online (17%).

No ámbito financeiro, o 73% decántase pola atención presencial na oficina, aínda que o 63% manifesta que utiliza os caixeiros automáticos e ao redor dun 50% coñece a banca electrónica. No caso da banca móbil, a porcentaxe redúcese ao 33%. Danlle importancia a ter cuberta unha posible situación de dependencia (79%) pero a gran maioría, un 89%, non teñen contratado ningún produto ou servizo que garanta algún tipo de axuda no caso de que poida necesitala. Tamén manifestan interese por obter asesoramento en relación coa sucesión e as herdanzas (37%).

As súas principais preocupacións son a saúde (76%) e a situación económica persoal (65%) ou dos seus descendentes (54%).

Con este estudo, o banco quere sentar as bases para “poder pór á súa disposición unha oferta integral de servizos adaptados aos seus intereses e circunstancias particulares”, subliñou Manuel Nogueira. Neste sentido, as actividades previstas por ABANCA e Afundación no marco do seu programa de educación financeira teñen como obxectivo abordar algunhas das carencias que reflicte a investigación no ámbito da xestión da economía familiar e a relación co banco, como mellorar a nivel xeral os seus coñecementos financeiros, facilitar formación sobre bolsa e investimentos e tamén acompañarlles no uso de novos servizos como os dispositivos de autoservicio ou as aplicacións de banca móbil para que poidan utilizalas con maior seguridade e tranquilidade. Todos os talleres desenvolveranse nos once Espazos +60 que ten Afundación nas principais localidades galegas.

Programa educación financeira 2018-2019

O bloque de actividades dirixidas aos maiores de 55 anos configura só unha parte do programa de educación financeira que desenvolverá o banco en colaboración con Afundación ao longo deste curso 2018-2019. En total, o programa inclúe 936 iniciativas coas que ambas as organizacións contribuirán a mellorar a cultura financeira de 31.200 persoas.

Pedro Otero, director xerente de Afundación, encargouse de detallar todas as actividades previstas, que, segundo explicou, “están estruturadas en catro grandes bloques, en función das idades dos destinatarios: maiores de 55 anos, nenos e nenas de 6 a 11 anos, escolares de 12 a 17 anos e mozos entre 18 e 35 anos”.

Para o público infantil mantéñense propostas como o Gran Prix Financeiro e a representación teatral ‘De los cuentos a las cuentas’, da que poderán gozar as próximas semanas 9.700 escolares da Coruña, Santiago, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Lugo, Monforte e Ourense.

Os mozos escolares de secundaria e bacharelato son os destinatarios das outras dúas grandes novidades que presenta o programa este ano, Segura-mente ABANCA e ABANCA Young Business Talents, dous proxectos postos en marcha grazas ao convenio subscrito polo banco coa Fundación das Caixas de Aforros (Funcas). O primeiro ten como obxectivo sensibilizar aos escolares da importancia de previr riscos e como os seguros nos poden axudar a afrontar os imprevistos da vida. O segundo busca achegar a xestión empresarial aos novos estudantes preuniversitarios a través dun simulador que permitirá aos participantes vivir a experiencia de xestionar unha empresa. A oferta para este grupo compleméntase con dúas conferencias: ‘Preparados para dar o salto, as necesidades financeiras ao longo da vida’ e ‘As túas finanzas, o teu futuro’, impartidas por IESIDE e por voluntarios xubilados de ABANCA.

Para o último tramo de idade, de 18 a 35 anos, destaca unha proposta dirixida a actualizar os coñecementos sobre medios de pago de docentes e estudantes de formación profesional.

Ademais das iniciativas propias, como é habitual nos últimos anos, ABANCA manterá a colaboración cos programas que desenvolven neste ámbito as organizacións sectoriais AEB e Funcas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .