• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA participa no lanzamento dos Principios de Banca Responsable en Nova York

  • O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, asistiu ao acto oficial que tivo lugar este domingo no marco da Asemblea Xeral Anual de Nacións Unidas
  • Coa adhesión a esta iniciativa global, ABANCA pon a sustentabilidade no centro do seu negocio e comprométese a impulsar a acción polo clima

O conselleiro delegado de ABANCA, no momento da sinatura.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

22-09-2019
RSC Sostenibilidad

ABANCASerás redirixido a outro sitio web converteuse este domingo nun dos Signatarios Fundadores dos Principios de Banca Responsable, a iniciativa financeira do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP FI). O conselleiro delegado do banco, Francisco Botas, participou no lanzamento global dos Principios, que tivo lugar durante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas en Nova York e que marca o inicio da asociación máis importante até a data entre a industria bancaria e Nacións Unidas.

A entidade únese así a unha coalición de 130 bancos de todo o mundo e comprométese a aliñar o seu negocio cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) e o Acordo de París sobre o cambio climático.

Ao adherirse a esta iniciativa, ABANCA materializa o seu compromiso de ter un papel activo na creación dunha economía sustentable e liderar as novas formas de facer finanzas no futuro. O conselleiro delegado, Francisco Botas, sinala que “para o banco supón dar un impulso á estratexia de Responsabilidade Social Corporativa que estivo desenvolvendo desde a súa creación, centrada no bo goberno, a igualdade de oportunidades, a educación, a cultura e o medio ambiente”.

Neste sentido, a entidade incorporou xa prácticas de gobernación esixidas a sociedades cotizadas e desde abril conta con Alpha Responsable, un servizo de xestión de carteiras de fondos de investimento socialmente responsables. Así mesmo, participa en proxectos do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC), en proxectos de enerxías renovables Power Purchase Agreement (PPA) en colaboración con grandes empresas, e noutros proxectos verdes enfocados á renovación da frota pesqueira e de mellora da eficiencia enerxética do sector primario. Ademais, está renovado as súas sedes corporativas e a súa rede de oficinas para facelas enerxéticamente intelixentes e implantou políticas de transporte sustentable e de cero papel.

ABANCA considera que, tal e como se expresa nos Principios, só nunha sociedade inclusiva fundada na dignidade humana, a igualdade e o uso sustentable dos recursos naturais poden prosperar as persoas e as empresas. Por este motivo, tamén vai reforzar a súa estratexia comercial para que sexa coherente con este compromiso e que os seus produtos e servizos contribúan a apoiar e acelerar os cambios fundamentais na economía e o estilo de vida que son necesarios alcanzar os ODS e cumprir o Acordo de París. Na actualidade, o banco xa dispón de produtos específicos para o financiamento de vehículos eficientes e reformas do fogar que favorecen a mellora da eficiencia enerxética e o uso de enerxías renovables.

Principios de Banca Responsable

Os Principios de Banca Responsable foron desenvolvidos pola Iniciativa Financeira do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (UNEP FI), xunto cun grupo central de 30 bancos. Presentáronse en París o 26 de novembro de 2018 e o seu lanzamento global produciuse este domingo 22 de setembro.

O documento recolle seis compromisos: aliñar a estratexia comercial do banco cos ODS, o Acordo de París sobre o cambio climático e os marcos nacionais e rexionais pertinentes; incrementar os impactos positivos da actividade, os produtos e os servizos bancarios e reducir os negativos; traballar cos clientes para alentar prácticas sustentables e favorecer actividades económicas que cren prosperidade compartida para as xeracións actuais e futuras; colaborar de forma pro activa e responsable coas partes interesadas para lograr os obxectivos da sociedade; contar cun goberno corporativo efectivo e unha cultura de banca responsable; revisar periodicamente a implementación individual e colectiva destes Principios e ser transparente e responsable dos impactos positivos e negativos e da contribución aos obxectivos da sociedade.

Máis información sobre os Principios de Banca Responsable e os seus documentos marco na web de UNEP FISerás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .