• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, patrocinador principal da Mobile Week Coruña

  • O banco apoia este evento no marco do seu compromiso por achegar a tecnoloxía dixital a toda a cidadanía e o tecido empresarial
  • O acordo subscrito garante a colaboración de ABANCA coa iniciativa por un período de catro anos e facilita que se celebren novas edicións nese prazo

De esquerda a dereita, Jorge Mahía, Guillermo Taboada, José Manuel Valiño e Carmen Fernández Morante durante a presentación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-11-2018
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web será o principal apoio privado co que contará a primeira edición da Mobile Week CoruñaSerás redirixido a outro sitio web, un evento que se desenvolverá entre o 21 e o 28 de novembro e que converterá numerosos espazos da Coruña, a súa área metropolitana e mesmo Santiago de Compostela en foros de reflexión sobre a transformación dixital e o seu impacto na sociedade actual.

O director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, José Manuel Valiño; o director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía; o director de Digital Future Society de World Mobile Capital, Esteban Redolfi; o director executivo da Mobile Week Coruña, Guillermo Taboada, e a presidenta da Conferencia de Decanos de Educación de España, Carmen Fernández Morante, presentaron esta mañá na sede de ABANCA Innova na Coruña esta colaboración.

O banco realizou unha aposta clara por situarse á vangarda tecnolóxica desde a súa creación e o patrocinio desta iniciativa supón un paso máis na súa vontade de achegar a tecnoloxía a toda a sociedade, contribuíndo así a reducir a fenda dixital existente na actualidade que limita a igualdade de oportunidades tanto a nivel particular como no ámbito empresarial, especialmente no caso de pemes e autónomos.

O acordo de colaboración que subscribiron a entidade financeira e o Club Financiero Atlántico, que colabora con Mobile World Capital Barcelona na organización do evento, materializa o compromiso do banco con esta iniciativa por un período de catro anos e ofrece estabilidade aos promotores para organizar novas edicións do evento na cidade nese prazo.

Participación activa na programación

ABANCA, a súa Obra Social, Afundación, e IESIDE tamén terán presenza activa nalgunhas das numerosas actividades que inclúe o programa da Mobile Week Coruña, especialmente dentro do bloque Mobile Week Talks. O mércores 21 de novembro o xerente de Seguridade TI de ABANCA, Carlos Pérez Saldaña, participará na Xornada de Ciberseguridade #pemesegura.gal que se desenvolverá na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela entre as 9.00 e as 14.00 horas.

A sede de Afundación acollerá o xoves 22 de novembro dúas propostas centradas na educación. Ás 10.30 horas comezará a conferencia de Julio Cabero, catedrático da Universidad de Sevilla especialista en tecnoloxía educativa, e, a continuación, ás 11.00 horas, terá lugar o debate ‘A aula do futuro’, no que expertos na materia abordarán os cambios que a tecnoloxía e a dixitalización están a provocar nos alumnos e docentes. Ao día seguinte, venres 23 de novembro, o director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións, José Manuel Valiño, participará na mesa redonda ‘Revolución dixital no traballo’. Neste encontro, que se desenvolverá en Expocoruña, abordaranse cuestións como os novos perfís profesionais que xorden por mor da revolución tecnolóxica, a empresa 4.0, a intelixencia artificial ou as criptomoedas. Co director xeral de ABANCA estarán Eva López Barrio, directora de Uniemprende da USC; Edita de Lorenzo, doutora enxeñeira de Telecomunicación; Juan José Delgado, Global Chief Digital Officer en Estrella Galicia; Tomás González Caballero, director xeral da Asociación Data Economy España, e José Luis Sancho, director xeral de Accenture Digital España, Portugal e Israel.

Tamén no bloque Mobile Week Talks enmárcanse charlas dinámicas organizadas por ABANCA, Afundación e IESIDE baixo o título ‘Claves do futuro na empresa’. Os relatorios, a cargo de recoñecidos expertos nos campos do marketing, a innovación ou o management como Idoia de Paz Gómez, Jesús Hernández Ruiz, Álvaro Gómez Vieites ou Jaume Gurt, abordarán as liñas mestras do futuro nos catro ámbitos fundamentais da empresa: as persoas, as tecnoloxías, os clientes e o management. A actividade desenvolverase nas instalacións de IESIDE na Coruña o luns 26 de novembro, entre as 18.00 e as 20.00 horas.

O robot humanoide de ABANCA, R4, será un dos protagonistas do taller de robótica para nenos e nenas organizado por R Comunicacións que terá lugar o sábado 24 no CITIC no marco da Mobile Week Kids. Na actividade daránselles aos pequenos unhas nocións básicas de como se programa o robot e, a continuación, exporáselles un reto para que poidan desenvolver algunha programación sinxela sobre un papel que despois se probará sobre R4.

ABANCA tamén estará presente en clausúraa do evento o mércores 28 de novembro, ás 19.00 horas, en Palexco, cunha intervención do conselleiro delegado do banco, Francisco Botas.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .