• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA permite ás empresas agrupar os seguros e pagalos mes a mes

  • O novo produto gratuíto, pioneiro no mercado, facilita ás pemes e empresas a xestión integrada de todos os seus seguros e o pago nun único recibo
  • Esta innovadora solución, ata o de agora dispoñible só para particulares, permite fraccionar gratis o pago das primas en cotas mensuais
  • Os clientes poderán aforrar ata un 7% no seu recibo e financiar sen custo ata dous pagos ao ano

Oficina principal de ABANCA na Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

09-12-2021
Negocio

ABANCA estendeu ás pemes e empresas a súa innovadora tarifa plana de seguros, que permite, sen custo algún, agrupar todas as pólizas nun único produto e repartir o custo da prima anual en cotas mensuais.

Coa tarifa plana de seguros para empresas de ABANCA, a primeira do mercado con estas características dirixida a persoas xurídicas, o cliente terá nun único recibo as pólizas contratadas coa entidade e beneficiarase do fraccionamento gratuíto do importe da prima anual dos seus seguros, pagando o mesmo cada mes. Dado que as primas abónanse integramente de forma anticipada, a empresa consegue o mellor prezo por forma de pago e é ABANCA quen se encarga de financiar este custo en 12 mensualidades, sen xuros nin comisións. Ademais, no caso de que o cliente o necesite, poderá aprazar, tamén de forma gratuíta, ata dúas cotas mensuais ao ano.

O primeiro seguro de ABANCA para empresas que se pode contratar -e renovar- con esta cota fixa mensual é a seguro Vida Pemes. Nos próximos meses poderanse domiciliar con esta innovadora fórmula de pago os novos seguros propios para o segmento de persoas xurídicas que o banco ten previsto lanzar ao mercado. En canto se incorporen máis modalidades con tarifa plana, as empresas e pemes poderán acceder tamén ao sistema de bonificacións deste produto e aforrar ata un 7% do importe do recibo mensual, en función dos seguros que domicilien. Do mesmo xeito que na tarifa plana de seguros para particulares, a porcentaxe mínima de bonificación, con tres ramos de seguros agrupados, será do 3%.

Esta solución financeira permitirá ao cliente xestionar os seus seguros de forma sinxela e integrada, coma se fose un único produto. Recibirá nun só extracto información periódica unificada con detalle da tarifa plana e dos seguros adheridos e todas as súas coberturas, e terá á súa disposición atención personalizada a través dun teléfono único gratuíto.

Unha solución innovadora

A extensión da tarifa plana de seguros ás persoas xurídicas é un paso máis na estratexia da entidade de potenciar o negocio asegurador e mellorar a experiencia dos seus clientes con produtos vantaxosos, sinxelos e innovadores.

ABANCA lanzou en 2016 a primeira tarifa plana de seguros para particulares en España, un produto diferencial que se converteu nun referente no mercado. Esta fórmula nova tivo unha excelente acollida entre as familias, e neste momento, sete de cada dez pólizas de seguros comercializadas polo banco xa se domicilian con tarifa plana. Máis de 195.000 clientes benefícianse das vantaxes desta solución financeira gratuíta e de pago agrupado, mentres que as pólizas adheridas superan as 250.000. Desde 2019, este produto incorpora outra característica única no sector: a posibilidade de adherir, ademais de seguros, achegas extraordinarias a plans de pensións individuais da entidade e financialas gratuitamente fraccionando o pago a través da súa cota fixa mensual.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .