• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA permite facerse cliente desde o móbil a través dunha videochamada

  • ABANCA convértese nunha das primeiras entidades financeiras en España en ofrecer este servizo
  • En menos de 10 minutos calquera usuario pode contratar o produto ‘Conta Clara’ e empezar a operar como cliente de ABANCA

De esquerda a dereita: Javier Díaz, xerente de ABANCA Dixital, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, Francisco Martínez, xerente de Mobilidade de ABANCA, y Pilar Otero, xerente de Negocio Dixital e Contact Center de ABANCA, durante a presentación do novo servizo de videochamada da entidade financeira.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Momento no que, a través da videochamada, compróbanse os datos do DNI do cliente.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-11-2017
Negocio

ABANCA vén de incorporar á súa aplicación de banca móbilSerás redirixido a outro sitio web a posibilidade de facerse cliente da entidade a través dunha videochamada. O procedemento é moi rápido e sinxelo, en menos de 10 minutos calquera usuario poderá contratar o produto ‘Conta ClaraSerás redirixido a outro sitio web’ e empezar a operar como cliente de ABANCA.

“O usuario só necesita descargarse a nosa app de banca móbil no seu teléfono, seguir uns sinxelos pasos e nuns minutos xa é cliente de ABANCA e terá o seu ‘Conta Clara’ contratada”, explica Javier Diaz, xerente de ABANCA Dixital.

A ‘Conta Clara’ é un produto dixital que permite ter unha conta corrente e unha conta a prazo conectadas entre si para aforrar de forma automática. Non ten comisións e as tarxetas de débito, de crédito e as transferencias son gratis, sempre que opere en canles dixitais.

Coa posta en marcha desta iniciativa ABANCA sitúase á vangarda en innovación tecnolóxica, sendo unha das primeiras entidades financeiras en España que ofrece este servizo.

Cliente en menos 10 minutos e desde o móbil

O proceso para empezar a facerse cliente é moi sinxelo, o usuario ten que descargarse a aplicación de banca móbil de ABANCA na tenda de aplicacións App StoreSerás redirixido a outro sitio web ou Android PlaySerás redirixido a outro sitio web e seleccionar a opción ‘Non son cliente’. O software solicitaralle unha fotografía do seu DNI ou NIE para extraer os datos de forma automática e comprobar que son correctos. Despois pediralle a información económica e persoal que esixe a normativa (ingresos, situación laboral…) e, por último, conectarase por videochamada con persoal de ABANCA para finalizar a contratación. O proceso é totalmente seguro e hai unha dobre validación da identidade do cliente, primeiro comprobando a autenticidade do documento escaneado; e, despois, na videochamada, cun indicador de similitude entre a imaxe do cliente (obtida na videochamada) e a foto do seu DNI.

O desenvolvemento da ferramenta é nativo, realizado polo equipo de Tecnoloxía da entidade financeira galega, o que permite ofrecer unha mellor experiencia de usuario. Todos os recursos do dispositivo optimízanse para ofrecer a mellor calidade de imaxe e audio en cada circunstancia. Ademais, o cliente pode seleccionar o mellor momento para realizar a videochamada e isto só é posible cun desenvolvemento tecnolóxico deste tipo.

“Queremos facilitar aos usuarios a súa relación co banco e que poidan facer as súas xestións de forma rápida e sinxela en calquera momento e en calquera lugar, buscando sempre a mellor experiencia de usuario. Apostamos pola mobilidade, a intelixencia artificial e outras tecnoloxías disruptivas. Obríganos, pero tamén nos encanta ao mesmo tempo, estar á vangarda de todas as innovacións tecnolóxicas“, afirma Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA.

Unha app de banca móbil cada vez máis innovadora

Coa incorporación do alta de cliente con videochamada a entidade financeira galega aumenta as xestións que os clientes poden facer comodamente desde os seus teléfonos móbiles como apagar e acender tarxetas, aprazar gastos, contratar un préstamo ou tarxeta de crédito, consultar saldos e movementos, facer transferencias, pagar recibos, enviar diñeiro ao caixeiro ou crear tarxetas virtuais para comprar por internet, entre outras.

“A nosa estratexia dixital busca que os nosos clientes poidan realizar, en calquera momento e en calquera lugar, todo tipo de transaccións financeiras e que eles elixan como queren xestionar e contratar os seus produtos con ABANCA, a través de oficinas, da web, do teléfono, da banca electrónica ou da banca móbil. Coa incorporación de novos servizos como este ímolo conseguindo”, asegura Javier Díaz.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .