• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA pon en marcha a segunda edición do seu programa educativo Segura-Mente ABANCA

  • A iniciativa forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco co fin de mellorar os coñecementos da poboación neste ámbito.
  • Na primeira convocatoria participaron 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

04-12-2019
RSC Sostenibilidad

ABANCA vén de lanzar unha nova edición do programa de sensibilización educativa Segura-Mente ABANCA, co que busca axudar ao público infantil e xuvenil a entender conceptos como a prevención e o funcionamento de determinados produtos como os seguros. A iniciativa, que forma parte do programa de educación financeira que desenvolve o banco en colaboración coa súa Obra Social, Afundación, está dirixida ao alumnado de Primaria (de 3º a 6º), ESO e FP Básica.

Nesta segunda convocatoria, os estudantes de menor idade terán que crear un cómic que plasme unha situación de risco e a súa solución, mentres que os de secundaria e formación profesional terán que elaborar un anuncio publicitario que promocione un seguro.

Estas actividades contribuirán a fomentar a cultura da prevención entre os participantes, xa que promoven a reflexión, ademais de afianzar o espírito emprendedor nas aulas a través da creatividade, o traballo en equipo e o sentido crítico que esixen os traballos que terán que presentar.

Para desenvolver os seus proxectos, os estudantes e os seus profesores contarán con abundante material didáctico, que xa está dispoñible na web do programa https://www.programaseguramenteabanca.com/Serás redirixido a outro sitio web, fundamentado na gamificación e na aprendizaxe baseada na resolución de problemas.

Un xurado composto por expertos en educación, creatividade, comunicación e seguros, ademais de por profesionais vinculados a ABANCA e á súa Obra Social, Afundación, elixirá a dous gañadores, un en cada categoría, que recibirán unha experiencia valorada en 1.000 euros para a aula.

Na primeira edición do programa, que se desenvolveu ao longo do pasado curso escolar 2018-2019, participaron en total 70.961 alumnos e alumnas de entre 8 e 16 anos de 274 centros escolares de toda España.

O obxectivo principal do programa Segura-Mente ABANCA é sensibilizar a nenos e mozos na cultura da prevención de riscos e valorar a importancia dos seguros como un investimento ante os imprevistos da vida, de acordo coas recomendacións da OCDE para mellorar a educación financeira da cidadanía e capacitar ás próximas xeracións para tomar decisións informadas na vida adulta.

O prazo de recepción de traballos para participar nesta segunda convocatoria finaliza o 29 de marzo. Os centros escolares ou profesores interesados en participar cos seus alumnos e alumnas poden consultar toda a información na web do programa: https://www.programaseguramenteabanca.com/Serás redirixido a outro sitio web.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA doa un millón de euros e abre unha liña de apoio de 150 millóns para as zonas afectadas polos incendios

19-08-2025
RSC

A entidade habilita a súa conta solidaria para recibir e xestionar doazóns.

ABANCA e Funcas amplían a súa colaboración para impulsar a cultura financeira da sociedade

01-07-2025
RSC

O banco promoverá dous novos proxectos educativos dirixidos a profesorado e mozos deportistas, volverá patrocinar Young Business Talents e achegará a novas cidades a exposición interactiva ‘Ítaca’.

O director xeral de RSS e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, e o director xeral de Funcas, no momento da sinatura do acordo.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .