ABANCA pon en marcha a sétima edición do seu Programa para Startups
- As candidaturas participantes deben presentarse entre hoxe e o 30 de outubro a través da web http://abancainnova.com
- A anterior edición do Programa inicia estes días a súa fase final coa execución das probas de concepto das startups Flanks, MyChoice2Pay, WetalkAI, Rentall e Colibid e a quinta finaliza co investimento en capital en Ironchip e a incorporación das solucións tecnolóxicas de Reatia y The Logic Value.
ABANCA vén de abrir a sétima edición do Programa para Startups ABANCA Innova, orientado a calquera tipo de startup no sector de fintech, insurtech, regtech ou cibersecurity. O programa oriéntase tanto a proxectos en etapas temperás con produto no mercado como a startups xa consolidadas con tracción e métricas recorrentes. O Programa para Startups de ABANCA Innova mantén a formulación das súas seis edicións anteriores, isto é, acompañar aos emprendedores na realización dunha proba de concepto que valide o seu modelo de negocio.
Periodo de inscrición
As startups interesadas deberán presentar a súa candidatura antes do 30 de outubro cubrindo o formulario habilitado na web de ABANCA Innova. Unha vez concluído o prazo de inscrición, terá lugar un comité, formado por persoas de diferentes unidades de negocio do banco, que serán as encargadas de seleccionar ás startups que participarán no Bootcamp da seguinte fase.
Bootcamp no mes de novembro
Durante este evento, cada startup realizará catro reunións cos equipos dos departamentos de Negocio, Innovación, TI e Investment Banking de ABANCA co obxectivo de atopar o caso de uso, deseñar o piloto, cuantificar os custos e identificar as necesidades tecnolóxicas. Tras iso, comezará a execución das probas de concepto coas startups seleccionadas nesta sétima edición.
Durante todo o proceso de desenvolvemento das súas ideas, as startups participantes terán á súa disposición un programa de beneficios que inclúe a utilización de espazos de coworking nas instalacións de ABANCA Innova, o uso de Amazon Web Services, Google Cloud ou ferramentas de mercadotecnia dixital, comunicación ou recursos humanos valorados en máis de 150.000 euros. O Programa conta, ademais, coa participación de HubIn, empresa especializada en innovación e emprendimiento.
Fin da 5ª edición e en marcha as probas de concepto da 6ª
Coincidindo coa posta en marcha da nova edición, chegou ao seu fin a 5ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova. Ironchip, Reatia e The Logic Value, o tres finalistas, culminaron con éxito as súas probas de concepto. No caso de Ironchip, a startup vasca de ciberseguridad, ABANCA Investment ha co-liderado unha rolda de investimento por valor de 2,1 millóns de euros, á que tamén se sumaron Easo Ventures e Inveready. Ademais desta inxección de capital, a startup xa se atopa traballando na implementación da súa tecnoloxía de localización intelixente ao servizo da protección de todos os clientes de ABANCA.
Ademais, a sexta edición do Programa inicia estes días a súa fase final coa execución das probas de concepto das startups Flanks, MyChoice2Pay, WetalkAI, Rentall y Colibid.