• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA pon en marcha o ciclo de actividades ‘Aventúrate’ con deportistas galegos de elite

  • A iniciativa reforza o programa ABANCA Deporte Base achegando a experiencia e coñecementos destes profesionais á sociedade

Iván Raña, Jorge Mahía, Fernando Filgueiras e Sofía Toro durante a rolda de prensa de presentación de 'Aventúrate'

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

22-01-2019
RSC

ABANCASerás redirixido a outro sitio web decidiu dar un novo impulso ao seu programa de apoio ao deporte galego ABANCA Deporte Basee coa posta en marcha do ciclo de actividades ‘Aventúrate’, no que van participar deportistas galegos de elite como o triatleta Iván Raña, a regatista Sofía Toro ou o tenista Martín de la Puente.

O director de Marketing, Intelixencia e Dixital de ABANCA, Jorge Mahía, e o coordinador de RSC da Obra Social ABANCA, Fernando Filgueiras, presentaron este martes en Santiago de Compostela esta nova liña de actuación do banco dentro da súa estratexia de promoción da práctica do exercicio físico. No acto estiveron acompañados por Iván Raña e Sofía Toro, dous dos deportistas que colaboran coa iniciativa.

O obxectivo de ‘Aventúrate’ é promover encontros entre os atletas, o público xeral e deportistas novos, de modo que a través da experiencia e coñecementos adquiridos ao longo da súa carreira poidan ensinar e formar a xente de todas as idades a través dos valores intrínsecos á práctica deportiva e mostrar aos máis novos que é posible desenvolver desde Galicia unha carreira deportiva de éxito.

O programa inclúe tres tipos de actividades en función do público ao que van dirixidas: conferencias abertas a calquera persoa interesada, encontros con nenos e nenas que forman parte da canteira dos clubs galegos e unha viaxe a unha competición internacional na que participe algún dos atletas colaboradores para que as novas xeracións de deportistas poidan coñecer de primeira man como se prepara e como se vive unha proba destas características.

Tres dos deportistas galegos que maiores éxitos alcanzaron nos últimos anos, Iván Raña, Sofía Toro e Martín de la Puente, serán os protagonistas das actividades previstas para o primeiro trimestre de 2019, que comezan este mércores 23 de xaneiro cunha charla do triatleta de Ordes, pioneiro desta disciplina en España e campión do mundo en 2002, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. O encontro será ás 19.30 horas, con entrada libre e gratuíta até completar aforamento previa reserva a través do servizo de entradas de Afundación, Ataquilla.

A continuación, no mes de febreiro, será a quenda do vigués Martín de la Puente, tres veces campión do mundo júnior de tenis paralímpico. A regatista coruñesa Sofía Toro, campioa olímpica na categoría Match Race compartirá a súa experiencia co público no mes de marzo.

ABANCA Deporte Base

‘Aventúrate’ é unha iniciativa máis do Programa ABANCA Deporte BaseSerás redirixido a outro sitio web, que se puxo en marcha en febreiro de 2015 e que nestes catro anos consolidouse como un referente en Galicia. O banco reforza así o seu compromiso coa promoción do deporte entre os máis novos.

Unha das acciones máis relevantes no marco de ABANCA Deporte Base é a colaboración coa Fundación Deporte Galego. Grazas ao acordo que manteñen ambas as entidades o banco apoia anualmente a 14.611 deportistas de 1.325 equipos de 25 disciplinas deportivas diferentes.

Ademais, no mes de setembro iniciouse unha campaña publicitaria, protagonizada por 130 deportistas novos das canteiras dos clubs que forman parte do programa de patrocinios, co obxectivo de difundir os valores intrínsecos á práctica deportiva, como a perseveranza, o xogo limpo, o compromiso, a igualdade, o traballo en equipo, o afán de superación ou o compañeirismo, a toda a sociedade.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .