• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA prepara a segunda exposición que achegará a León a súa Colección de Arte

  • Baixo o título ‘A mirada contemporánea’ poderanse contemplar obras de referencia da segunda metade do século XX de artistas como Chillida, Miquel Barceló, Millares ou Tàpies
  • A mostra chega á cidade tras o éxito de público obtido o pasado outono pola exposición ‘Baixo o signo de Picasso’, que superou os 25.000 visitantes

'Volando dúplex', de Luis Gordillo, unha das pinturas que se poderán contemplar na exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-04-2017
RSC

ABANCA prepara a segunda exposición que achegará a León os fondos da súa Colección de ArteSerás redirixido a outro sitio web dentro do convenio asinado o pasado verán coa Xunta de Castela e León e o Concello. A proposta preséntase baixo o título ‘A mirada contemporánea’ e abrirase ao público no Museo de León o 16 de maio, onde poderá visitarse ata o 16 de xullo.

A mostra permitirá contemplar na cidade un total de 27 obras da Colección de Arte ABANCA e ofrece ao público leonés unha nova oportunidade para coñecer mellor este fondo artístico tras a exposición ‘Baixo o signo de Picasso’, organizada o pasado outono.

Para esta segunda exhibición seleccionáronse 21 artistas de máximo interese para entender a arte española da segunda metade do século XX, entre eles nomes de referencia a nivel internacional como Antoni Tàpies, Jorge Oteiza, Leopoldo Nóvoa, Eduardo Chillida, Manolo Millares, Antonio Saura, Luis Gordillo, Rafael Canogar, Carlos Alcolea, José Manuel Broto, Miquel Barceló ou Francisco Leiro.

Con esta proposta o banco espera manter o interese do público leonés, que brindou unha excelente acollida á primeira exposición organizada polo banco na cidade. Máis de 25.000 persoas achegáronse a descubrir as vangardas artísticas a través das creacións de autores clave dentro da historia da arte como Picasso, Salvador Dalí, Juan Gris ou Braque, todos eles presentes na Colección de Arte ABANCA.

A calidade e variedade do fondo artístico do banco, que suma máis de 1.350 obras de 200 artistas de máximo nivel, ofrece múltiples posibilidades para deseñar proxectos expositivos de gran interese e temática variada, sempre coa arte moderna e contemporánea como eixo vertebrador, como estes dous que se organizaron especificamente para o público de León.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .