• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta ás confrarías da ría de Vigo as súas alternativas de crédito adaptadas

  • O banco organiza un encontro reducido cos máximos representantes dos principais pósitos do sur de Galicia e expón as súas solucións para facer fronte ás urxencias xeradas por la crise sanitaria e económica
  • A entidade financeira adapta algúns dos seus produtos aos desafíos actuais e reimpulsa prioridades estratéxicas como a modernización da frota e a mellora da sostibilidade pesqueira
  • A unidade especializada ABANCA Mar canaliza nesta quinta reunión as principais demandas das confrarías e ofrece xestores especializados e un catálogo á medida do sector

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez (segundo pola dereita), durante a sinatura dos convenios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os representantes de ABANCA e das confrarías da ría de Vigo participan no encontro organizado polo banco.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Os representantes de ABANCA e das confrarías da ría de Vigo participan no encontro organizado polo banco.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-10-2020
Negocio

ABANCA redobra o seu compromiso co sector pesqueiro do ámbito xeográfico da ría de Vigo e celebra un encontro reducido cos representantes das principais confrarías do sur de Galicia. O acto, que tivo lugar na sede institucional do banco na cidade, serviu para referendar o marco de colaboración estable que mantén con este colectivo, coñecer de primeira man as necesidades dos pósitos e presentar a súa oferta de valor para atender aos desafíos que vive o sector.

O director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA Mar, Miguel Ríos, foron os encargados de conducir a reunión. Por parte das confrarías participaron Xoel Schwarz López, patrón maior da Confraría San Xoán de Redondela; Susana González Álvarez, patroa maior da Confraría A Anunciada de Baiona; José Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Ciprián de Aldán-Hío, e Francisco Javier Costa García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas. Está previsto que nos vindeiros tamén renoven o seu convenio de colaboración a Confraría San Francisco de Vigo e a Confraría Santa Trega da Guarda.

Ante o desafío da COVID-19

A maior parte do encontro estivo orientado a reflexionar sobre os desafíos que ocasionou a irrupción da emerxencia sanitaria ocasionada pola COVID-19 e o seu posterior impacto na economía. Os representantes das confrarías mostráronse moi preocupados polos efectos da pandemia na actividade do sector, pero tamén polo cambio de hábitos dos consumidores.

Por iso, ABANCA presentou un catálogo de produtos centrado nas solucións de financiamento para atender as necesidades máis perentorias das empresas e profesionais do mundo do mar. Entre as medidas activadas, destacan as alternativas adaptadas para o financiamento de circulante, préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca; anticipos de subvencións ou para facer fronte a paros biolóxicos ou pago de impostos, así como liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos.

Un novo impulso a metas comúns

O encontro permitiu tamén abordar algúns dos retos de fondo nos que se está a traballar desde o sector nos últimos anos, que quedaron nun segundo plano neste momento. O catálogo pon o foco en dar resposta a dous grandes desafíos que ten por diante este sector: a renovación da frota pesqueira e a mellora da sostibilidade.

Para iso, o banco dispón, a través da súa unidade especializada ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, dun completo programa de crédito, con produtos específicos como hipotecas navais ou préstamos a tipo fixo para apoiar ao sector nos procesos de construción de novas embarcacións, remodelación ou segunda adquisición de barcos. Un impulso que se une ao compromiso de financiamento daqueles proxectos que contribúan á mellora das sostibilidade social, económica e medioambiental do sector marítimo-pesqueiro.

Esta presentación foi a quinta edición dun encontro xa consolidado e que incentiva un clima de diálogo co sector. Non en balde, os patróns maiores asistentes puideron trasladar as súas inquedanzas sobre o futuro do sector e moi especificamente das confrarías da ría de Vigo, para así trazar novas liñas de traballo común para o colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .