• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta ás confrarías do norte da Coruña a súa nova oferta para mellorar a competitividade do sector pesqueiro

  • A entidade prioriza o apoio financiero á modernización das embarcacións e a investimentos que promovan a sostibilidade e a eficiencia enerxética
  • O banco renova os acordos de colaboración que garanten a 18 confrarías do litoral norte da provincia coruñesa o acceso ás mellores alternativas de crédito
  • A entidade completa na Coruña unha rolda de encontros cos principais pósitos galegos para establecer unha fronte común e avanzar en solucións adaptadas ás súas necesidades máis urxentes

Na reunión participaron representantes de ABANCA e das principais confrarías de pescadores do litoral norte da provincia coruñesa.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Un momento do encontro, no que se renovou o acordo marco de colaboración financeira que une a ABANCA cos pósitos da zona norte da Coruña.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-11-2021
Negocio

ABANCA presentou ás principais confrarías do norte da Coruña as novidades da súa oferta financeira adaptada ao sector pesqueiro galego e orientada á mellora da súa competitividade e transformación cara a un modelo máis sostible. Na súa proposta integral desenvolvida pola súa unidade especializada nesta cadea de valor, ABANCA Mar, a entidade galega prioriza o apoio financeiro á renovación da frota e a proxectos de investimento que fomenten a eficiencia enerxética e biodiversidade, así como a redución do impacto climático.

A presentación tivo lugar durante un encontro no que participaron o director territorial do banco na Coruña, Gerardo Fuertes; o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, e representantes das principais confrarías de pescadores do litoral norte da provincia coruñesa, así como varios responsables comerciais do banco. A reunión serviu tamén para renovar o acordo marco de colaboración financeira que une ao banco cos pósitos desta zona costeira galega e que garanten o acceso ás mellores alternativas de crédito. Esta alianza inclúe a un total de 18 confrarías do norte da Coruña: Ares, Barallobre, Barqueiro-Bares, Caión, Cariño, Cedeira, A Coruña, Corme, Espasante, Ferrol, Laxe, Lorbé, Malpica, Mera, Miño, Mugardos, Pontedeume e Sada.

Esta oferta especializada para os pósitos pon o foco en solucións flexibles de financiamento, como hipotecas navais, préstamos ou leasing con prazos máis amplos de amortización ou posibilidade de carencia, orientadas a incentivar a construción de novas embarcacións, a remodelación ou segunda adquisición de barcos máis eficientes e menos contaminantes. Ademais, inclúense créditos en condicións especiais para investimentos máis sostibles e mellora da eficiencia enerxética.

O acordo tamén inclúe respostas financeiras para atender necesidades de liquidez puntuais, con produtos adaptados como unha póliza de crédito específica para o sector pesqueiro. Ademais, contémplanse alternativas para reducir o impacto da caída da demanda ou da baixada de prezos, como anticipos de axudas, aprazamentos de impostos ou liñas de desconto. Completan esta oferta outras opcións como as liñas de avais e confirming.

O acordo tamén compromete a ABANCA a ofrecer a este colectivo información específica sobre opcións de aseguramento dos seus negocios, así como de oportunidades de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco mantén co ICO, IGAPE e as SGR galegas.

Diálogo continuo co sector

O encontro coas confrarías da zona norte da Coruña pecha a rolda de reunións celebradas nos últimos meses por ABANCA, por sexto ano consecutivo, nas catro provincias galegas coa participación dos principais pósitos. Estes foros, ademais de referendar os acordos de colaboración que unen á entidade con estes axentes e dar a coñecer as novidades da oferta de ABANCA Mar, teñen como obxectivo fixar as liñas de futuro, compartir os desafíos do sector e recoller propostas do colectivo para ofrecer solucións adaptadas ás súas particularidades.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .