• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta ás confrarías do sur da Coruña as súas opcións de crédito para renovación de flota e sostibilidade pesqueira

  • A entidade financeira reúne aos pósitos de Barbanza, Muros, Noia, Fisterra e Terra de Soneira para explicarlles o seu plan de financiamento especializado e adaptado ás particularidades do sector marítimo-pesqueiro
  • O banco reforza o marco de colaboración con este colectivo e aborda nunha mesa de traballo os principais retos e necesidades do sector

Foto de familia dos patróns maiores das confrarías da zona sur da provincia coruñesa cos representantes de ABANCA.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Un momento do encontro de ABANCA coas confrarías na Territorial de Santiago.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

23-10-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web vén de reforzar a alianza financeira que mantén coas confrarías de pescadores da zona sur da Coruña. A entidade financeira firmou hoxe cos pósitos de Barbanza, Noia, Muros, Fisterra e Terra de Soneira novos convenios de colaboración con distintas opcións de crédito adaptadas ás particularidades deste colectivo e orientadas a mellorar a súa competitividade e, especialmente, a apoiar a renovación da flota pesqueira e a mellora da sostibilidade do sector.

A renovación deste marco de colaboración conxunta tivo lugar esta tarde en Santiago, nun encontro no que participaron, por parte de ABANCA, o director territorial, Juan Carlos Carneiro, e o coordinador de ABANCA Mar en Galicia, Miguel Ríos, así como outros profesionais da entidade financeira vinculados co negocio do sector pesqueiro. Por parte das confrarías asistiron un total de 11 patróns maiores ou representantes dos pósitos do litoral sur da Coruña: José Manuel Pérez Cebreiro (Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz), José Ramón Lema Romero (Confraría de Pescadores de Camariñas), José Domínguez Buiturón (Confraría de Pescadores de Corcubión), José Manuel Martínez Escarís (Confraría de Pescadores de Fisterra Nuestra Señora de las Arenas), José Mariano Louro Lago (Confraría de Pescadores de Lira), Daniel Formoso Moledo, (Confraría de Pescadores de Muros), Adelino Freire Gandarela (Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia), Fernando Siaba Espasandín (Confraría de Pescadores de O Pindo), María Josefina Cobas León (Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín), Emilio Queiruga Santamaría (Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son) e José Antonio Pérez Sieira (Confraría de Pescadores San Pedro de Riveira).

ABANCA aproveitou esta reunión para presentarlles aos pósitos asistentes as novidades da súa oferta financeira dirixida á cadea de valor do mar, que pon o foco en dar resposta a dous grandes desafíos que ten por diante este sector: a renovación da flota pesqueira e a mellora da sostibilidade.

Hipoteca naval

Tal como explicaron os representantes de ABANCA durante esta mesa de traballo, a entidade ten en marcha, a través da súa unidade especializada ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, un ambicioso plan de financiamento, con produtos específicos como hipotecas navais, préstamos a tipo fixo ou pólizas de crédito deseñados ad hoc para apoiar ao sector nos procesos de construción de novas embarcacións, remodelacións ou segunda adquisición de barcos.

Ademais, ABANCA trasladou aos pósitos durante esta reunión a súa firme vontade de impulsar o financiamento de proxectos que contribúan á mellora da sostibilidade social, económica e medioambiental do sector marítimo-pesqueiro. Así, o banco daralle prioridade, entre outros, a aqueles investimentos orientados á redución do impacto ambiental, mellora da eficiencia enerxética de instalacións ou incorporación de novas tecnoloxías que favorezan a valorización de produtos pesqueiros e a súa trazabilidade.

A oferta presentada onte tamén inclúe solucións flexibles e adaptadas para o financiamento de circulante, préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca; anticipos de subvencións ou para facer fronte a paros biolóxicos ou pago de impostos, así como liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos.

Traballo conxunto para coñecer as demandas do sector

A xornada permitiu a ABANCA coñecer de primeira man a realidade deste sector clave para a economía galega e, especificamente, as inquedanzas da pesca de baixura e o marisqueo do sur da Coruña. Coa cita celebrada esta tarde, xa son catro as edicións dunha xuntanza impulsada pola entidade financeira co obxectivo de traballar de maneira conxunta para dar resposta ás demandas deste colectivo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .