• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta en Pontevedra a exposición ‘Os traballos e os días de Francisco Leiro’

  • A mostra reúne unha selección de obras do artista das coleccións do banco e Afundación e material audiovisual do documental ‘Sísifo confuso’

Á esquerda, en segundo plano tras o 'Carrier' de Leiro, o responsable da xestión da Colección ABANCA, Diego Cascón, durante a presentación da exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

'Sileno acarreado por tres sátiros', outra das esculturas de gran formato que se poden contemplar na exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Outra perspectiva de 'Carrier'.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

03-11-2016
RSC

ABANCA, en colaboración con Afundación e Arraianos Producións, presenta este xoves 3 de novembro en Pontevedra a exposición ‘Os traballos e os días de Francisco Leiro’, que ofrece a posibilidade de gozar da obra dunha das grandes figuras do panorama da arte galega actual e tamén ser testemuñas excepcionais do seu proceso creativo entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

A exposición reúne oito esculturas e cinco traballos en papel producidos dende os anos noventa ata a actualidade que forman parte das coleccións de arte de ABANCASerás redirixido a outro sitio web e AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web.

Entre as obras seleccionadas atópanse algunhas tan significativas como as catro ‘Recolectoras’ (2003) ou ‘Fauno’ (2007), cinco pezas en madeira en gran formato que teñen alcanzado un verdadeiro estatus simbólico na escultura galega contemporánea. O seu traballo en granito, outro dos materiais de referencia na súa produción artística, tamén está reflectido na mostra coa escultura ‘Cabeza’, de 1988.

O proxecto expositivo enriquécese cun interesante material multimedia procedente do documental ‘Sísifo confuso. Traballos e días de Francisco Leiro’, escrito e dirixido por Aser Álvarez para Arraianos ProduciónsSerás redirixido a outro sitio web. Unha serie de fotografías en gran tamaño e unha peza audiovisual sobre cada un dos seus tres lugares de traballo ofrécennos unha visión inédita tanto do artista como do seu proceso creativo, que se desenvolve entre Cambados, Madrid e Nova Iorque.

É a primeira vez que o artista abre as súas portas a un equipo audiovisual, polo que o proxecto danos unha oportunidade única de ser testemuñas dende un punto de vista persoal e íntimo de como leva a cabo su produción o artista galego con maior proxección internacional na actualidade.

Como peche do percorrido inclúense unha serie de fotografías de obras de Francisco Leiro que se poden contemplar en diferentes puntos da cidade de Pontevedra, como exemplo da importancia que ten na súa traxectoria a escultura civil.

Este proxecto expositivo responde a unha das liñas estratéxicas de ABANCA no marco da súa política de RSCSerás redirixido a outro sitio web, que é contribuír dentro das súas posibilidades a divulgar a cultura e o coñecemento dos artistas galegos, ao mesmo tempo que ofrece a todos os cidadáns a posibilidade de gozar do seu rico patrimonio artístico.

A exposición poderá visitarse ata o 28 de xaneiro no Café Moderno Afundación de Pontevedra en horario de luns a venres de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas.

De forma paralela, ABANCA e Afundación teñen organizado un programa de actividades no que xa reservaron praza para participar 630 escolares da cidade e os arredores.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .