• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta en Santiago a exposición 'A mirada contemporánea'

  • 42 obras forman a nova proposta expositiva de ABANCA para Santiago
  • A mostra achega obras da Colección ABANCA de recoñecidos artistas españois como Oteiza, Tàpies, Chillida, Millares ou Barceló

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

24-07-2017
RSC

ABANCA presentou esta mañá en Santiago de Compostela a exposición 'A mirada contemporánea', unha nova proposta expositiva que organiza o banco na capital galega con fondos da súa Colección dentro da liña de difusión que marca a súa xestión da Colección de ArteSerás redirixido a outro sitio web. A exposición abrirá hoxe as súas portas ao público no Centro de Cervantes e poderá visitarse gratuitamente ata o 5 de xaneiro de 2018.

Nesta ocasión o proxecto céntrase na arte contemporánea española, un dos alicerces sobre os que se organiza a Colección ABANCA, composta por máis de 1.300 obras de máxima calidade. O público poderá gozar de 42 creacións dun selecto grupo de artistas españois ou con gran vinculación co noso país que marcaron tendencia na historia da arte a nivel internacional como Antoni Tàpies, Jorge Oteiza, Leopoldo Nóvoa, Eduardo Chillida, Manolo Millares, Antonio Saura, Luis Gordillo ou Miquel Barceló entre outros.

Colección ABANCA. A mirada contemporánea

A mirada contemporánea avanza no tempo a través dos fondos de ABANCA para ofrecer unha ampla visión da arte contemporánea española da segunda metade do século XX.

Con este fin seleccionáronse 42 pezas entre as que se atopan pinturas, esculturas e obras de técnica mixta de 27 artistas que exerceron a súa influencia nas novas xeracións de artistas a nivel internacional.

A estética do informalismo domina a primeira parte da exposición, con obras de Jorge Oteiza, Eduardo Chillida e Antoni Tàpies compartindo espazo cunha importante representación dalgúns dos fundadores do Grupo El Paso, o principal colectivo artístico xurdido en España na postguerra, como Manolo Millares, de quen se poderán contemplar tres obras, Rafael Canogar, Manuel Rivera e Antonio Saura. Tamén neste marco preséntase a obra doutros autores fundamentais da arte española do século XX como Lucio Muñoz ou Leopoldo Nóvoa.

O segundo bloque expositivo presenta a expansión da pintura e a escultura desde diversas individualidades. Luis Gordillo serve de punto de partida para revisar a renovación da pintura española dos anos 80, con exemplos de autores como Carlos Alcolea, Miguel Angel Campano, José María Sicilia ou José Manuel Broto, entre os que ocupa un lugar destacado o mallorquino Miquel Barceló, do que se poderán contemplar dúas obras, 'Blanc Negre' (1984) e 'Le feu sur la plague' (1984).

Soledad Sevilla e Darío Basso, son algúns dos exemplos da pintura a partir dos anos 80, xunto a autores galegos como Lamazares, Murado, Berta Cáccamo, Din Matamoro e Francisco Mantecón.

Un lenzo do irlandés Sean Scully, 'Wall of light' (1999), pon o broche final ao percorrido cunha chiscadela á arte contemporánea internacional, que conta tamén cunha ampla representación nos fondos artísticos do banco

Horario e actividades didácticas

A mirada contemporánea poderá visitarse no Centro Social de Cervantes entre o 24 de xullo e o 5 de xaneiro, en horario de luns a venres de 11.30 a 13.30 h e de 17.00 a 21.00 h excepto festivos.

A exposición contará cun programa de visitas guiadas e outras actividades didácticas dirixidas a diferentes colectivos, seguindo o modelo habitual nas exposicións de ABANCA.

Guía dixital

O público que visite ‘A mirada contemporánea’ poderá ampliar a información sobre os artistas e as obras que se expoñen grazas á app para dispositivos móbiles ‘Colección de Arte’.

A aplicación, de carácter gratuíto, está dispoñible para dispositivos Android e Apple. A través da tecnoloxía de realidade aumentada permite acceder comodamente á ficha artística da obra, profundar na biografía do autor ou consultar outros cadros do mesmo creador que estean presentes na mostra. Para iso só é necesario enfocar a obra coa cámara do dispositivo móbil e seleccionar no menú a sección correspondente.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .