• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta no Museo de Bellas Artes de Asturias dúas obras de Joan Miró da súa Colección de Arte

  • La pinacoteca asturiana acollerá durante os próximos tres meses as dúas pinturas do xenio catalán no marco do programa Obra Convidada
  • A Colección ABANCA é unha das coleccións de arte privado máis relevantes do país e foi declarada Ben de Interese Cultural en 2015

O director territorial Castilla y León/Asturias de ABANCA, Marcos Lamas, durante a súa intervención na presentación da exposición de obras de Joan Miró da Colección ABANCA nol Museo de Bellas Artes de Asturias.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-07-2020
RSC

Dúas pinturas de Joan Miró da Colección ABANCA, un dos conxuntos artísticos privados máis interesantes do país para coñecer a evolución da historia da arte do século XX, son as novas obras convidadas que poderán contemplarse no Museo de Bellas Artes de Asturias entre os meses de xullo e outubro.

Tête d’homme III e Tête, oiseaux foron realizadas por Miró con máis de catro décadas de separación. A partir da montaxe confeccionada pola pinacoteca asturiana, as dúas obras da Colección ABANCA non só poderán dialogar entre elas, evidenciando dous momentos creativos distintos dentro da propia traxectoria do artista catalán, senón tamén con outras obras procedentes da colección permanente do Museo, entre as que destacada a litografía La grande Écaillère, obra realizada por Miró en 1975. Xunto ás citadas pezas, o espazo expositivo dedicado ás obras convidadas complétase coa presenza de importantes artistas contemporáneos tales como Pablo Picasso, María Blanchard, Salvador Dalí, Joaquín Torres García e Tsuguharu-Léonard Forjita, mostrando o rico panorama polo que transitou a obra de Joan Miró.

A Colección de Arte ABANCASerás redirixido a outro sitio web está conformada por máis de 1.300 obras entre pinturas, esculturas, fotografías, gravados, debuxos e instalacións de máis de 200 artistas, tanto españois como internacionais, cuxo nexo de unión é a súa pertenza á arte moderna e contemporánea.

A colección ten as súas orixes na Galicia da década dos anos 70, momento no que se prestou especial atención ao traballo dos artistas galegos. Da recompilación desa primeira etapa, a colección conta na actualidade cun conxunto de nomes e obras da talla de Castelao, Laxeiro, Luís Seoane, Urbano Lugrís, Leopoldo Nóvoa ou Francisco Leiro que, sen dúbida, simbolizan traxectorias e etapas da propia historia artística de Galicia.

Xunto a eles, pero xa nunha segunda fase, a colección foise completando con obras de artistas de recoñecido prestixio nacional e internacional, entre os que destacan creadores como Picasso, Leger, Miró, Dalí, Braque, Millares, Chillida, Tàpies, Juan Muñoz ou Barceló, entre outros.

O resultado destes anos de coleccionismo é un fondo de grande interese artístico a través do cal pódese coñecer a evolución e os movementos que definiron a historia da arte do século XX. Unha colección de gran importancia que no ano 2015 foi declarada Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.

Tête d’homme III pertence a unha serie de catro obras realizadas por Miró no ano 1931. Todas elas comparten a elección do fondo branco e, sobre el, a presenza dunha cabeza esquemática que, sen dúbida, lembra a unha máscara. Unha referencia moi habitual entre os artistas da mesma xeración de Miró para quen a arte primitiva foi unha constante inspiración. Tête d’homme III evidencia, así mesmo, o afastamento que o creador catalán experimentou con respecto á pintura mimética máis tradicional no que, con todo, conservou restos figurativos que lle separaron da abstracción máis pura.

Pola súa parte, Tête, oiseaux (Cabeza, paxaros) corresponde a un momento en que figuras humanas, cabezas, astros e paxaros dominan a temática mironiana. Se a obra anterior caracterizábase polo fondo branco, Tête, oiseaux funciona case como un oposto ao situar as formas sobre un fondo negro. Unha elección buscada que suxire o mundo da noite e, por tanto, tamén dos soños.

Dúas obras coas que, en definitiva, podemos revisar unha parte da dilatada traxectoria de Joan Miró introducíndonos nun mundo repleto de signos cos que o artista buscou plasmar unha realidade absoluta na que o mundo interior foi tan importante como a realidade externa.

O programa Obra Convidada ten como obxectivo traer ao Museo de Bellas Artes de AsturiasSerás redirixido a outro sitio web destacadas obras procedentes de coleccionistas particulares ou doutras institucións nacionais e internacionais que contribúan a reforzar o discurso da colección permanente, ben porque permitan afondar en aspectos xa contemplados pola colección, ben porque permitan cubrir lagoas que nela poidan detectarse. Nesta ocasión, Tête d’homme III e Tête, oiseaux chegan para enriquecer os fondos dedicados á vangarda intencional e expostos no primeiro andar do edificio Ampliación.

Ao redor das obras convidadas prestadas por ABANCA, o Museo de Bellas Artes de Asturias programou unha serie de visitas guiadas baixo o título “Diálogos con la Obra invitada… Joan Miró” que comezarán o martes 21 de xullo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .