• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta no Museo de León a exposición 'Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar'

  • A proposta expositiva ofrece unha nova oportunidade de coñecer os fondos da Colección ABANCA a través de 36 creacións dalgúns dos artistas máis relevantes da arte española e internacional
  • Julião Sarmento, Soledad Sevilla, Juan Muñoz, Paul Klee ou Joaquín Sorolla, entre os autores seleccionados para esta terceira exhibición na cidade
  • A mostra pon o broche final ao ciclo de exposicións organizado polo banco no marco do acordo subscrito en 2016 coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento

Diego Cascón explica aos asistentes á presentación as particularidades dalgunhas das obras seleccionadas para este proxecto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Laughting chinese man with mirror, de Juan Muñoz, unha das esculturas da Colección ABANCA que se poden contemplar na exposición.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O experimento fotogáfico Xteriors XIII, de Desiree Dolron, tamén presente na mostra.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Descarga los contenidos anexos

  • Folleto exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar' Folleto da exposición 'Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar' Ver ficheiro PDF
18-09-2018
RSC

ABANCA abre ao público mañá mércores 19 de setembro no Museo de León a exposición Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar, que presenta á sociedade leonesa unha nova selección de obras dos fondos artísticos do banco, a colección de carácter privado máis relevante de Galicia e unha das máis importantes de España.

O terceiro proxecto expositivo do banco na capital leonesa vai máis aló dunha tradicional narración da historia da arte e expón un orixinal diálogo entre distintas creacións dalgúns dos artistas máis relevantes da arte española e internacional con representación na Colección ABANCASerás redirixido a outro sitio web. Entre os 29 autores elixidos atópanse nomes con amplo recoñecemento como Julião Sarmento, Soledad Sevilla, Juan Muñoz, Paul Klee ou Joaquín Sorolla.

Con esta mostra a entidade financeira pecha o primeiro ciclo de exposicións que organizou en León no marco do acordo subscrito en 2016 coa Junta de Castilla y León e o Ayuntamiento leonés, tras a excelente acollida que brindou o público ás dúas primeiras propostas,Bajo el signo de Picasso (2016) e La mirada contemporánea (2017), que presentaron na cidade os dous grandes bloques nos que se organiza a Colección ABANCA: Picasso e as vangardas internacionais e a arte española e internacional da segunda metade do século XX.

Colección ABANCA. Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar pon o broche final a esta serie de exposicións que se puideron contemplar no Museo de LeónSerás redirixido a outro sitio web e faino cunha lectura contemporánea da colección do banco. Os encontros que se expoñen entre as 36 obras seleccionadas de 29 artistas inciden sobre diversas temáticas que teñen unha presenza relevante na pinacoteca, como son a arte e o xogo, a arte como espectáculo, memoria e soño, a mirada íntima, a luz e a paisaxe.

A introspección é un dos conceptos que subxace en varias das obras elixidas e unha das relacións que se establecen na mostra a través de creacións como a escultura Laughting chinese man with mirror (1997) de Juan Muñoz, que nos mostra a un home que ri do seu propio reflexo porque se volveu incapaz de recoñecerse a si mesmo e serve ao autor para expresar a súa crítica coa sociedade e a incomunicación actual. Esta idea de reflexión interior intúese tamén na pintura Después del baño (1904), de Joaquín Sorolla, que forma parte da relación de obras expostas no Museo de León.

Outro elemento común en varias creacións presentes na mostra é o protagonismo que adquiren as xanelas en obras tan dispares e afastadas no tempo como Dolce far niente (1885), de Darío de Regoyos, e Santiago: ventana con plantas (2000), de Elisa Sighicelli.

Os diferentes diálogos que se propoñen ofrécenlle ao espectador a posibilidade de crear as súas propias lecturas e un novo modo de achegarse á arte hoxe a partir de novas coordenadas para interpretalo. A exposición estará aberta ao público nas instalacións do Museo de León até o próximo 6 de xaneiro, con entrada gratuíta, no horario habitual do centro: até o 30 de setembro, de martes a sábado de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas. A partir do 1 de outubro, de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e os domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas. O banco e o servizo didáctico do museo organizarán un programa de visitas guiadas e outras actividades didácticas dirixidas a diferentes colectivos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA inicia a cuarta edición do seu plan de formación de persoas maiores no Pino e Dumbría

02-05-2025
RSC

A iniciativa enmárcase no programa de educación financeira do banco e ten como obxectivo promover a inclusión financeira deste colectivo.

Persoas maiores asistentes á formación realizada por ABANCA en 2024 no concello de Riós en colaboración con Cruz Vermella

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .