• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta o seu novo modelo de oficina máis especializada en León

  • A entidade financeira inaugura a súa oficina principal en León, renovada e dotada coas últimas innovacións tecnolóxicas
  • O novo centro, con máis zonas de atención personalizada e autoservicio, conta cun equipo de 9 persoas, entre os que figuran xestores especialistas en negocios, banca persoal e seguros

O presidente de ABANCA durante a súa intervención no acto de inauguración da oficina de León

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, durante a súa intervención

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente e o conselleiro delegado de ABANCA con todo o equipo do ABANCA Ademar

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Visita á exposición ‘Nuevas lecturas. Diálogos en el tiempo y en el lugar’

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

18-10-2018
Negocio

O presidente e o conselleiro delegado de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas, presentaron esta tarde aos clientes de León o novo modelo oficina que a entidade financeira está a incorporar na súa rede comercial.

A reforma realizada na oficina principal de ABANCA na praza das Cortes Leonesas está deseñada para mellorar a calidade de servizo ao cliente a través de solucións tecnolóxicas de última xeración, amplos espazos abertos (non hai mostradores nin despachos) e zonas diferenciadas en función do servizo que se preste ao cliente. Esta nova organización das oficinas da entidade financeira obedece a un modelo de relación co cliente máis funcional, próximo, innovador, eficiente e sustentable. “Apostamos por un modelo que teña os principais eixos da nosa estratexia: a dixitalización, a especialización e a proximidade”, asegurou Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, durante o acto de inauguración.

Este novo espazo está dotado co equipamento e funcionalidades tecnolóxicas máis innovadoras do mercado, que facilitan a mobilidade dos xestores e reducen tempos de espera e procesos. A oficina conta cun equipo de 9 profesionais, entre os que figuran xestores de negocios, xestores de banca persoal e xestores de previsión e planificación social.

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, tamén destacou durante a súa intervención a importancia da tecnoloxía no novo modelo de oficina, “somos unha entidade que cre firmemente nas bondades do proceso de dixitalización que está a transformar xa tanto a sociedade en xeral como a economía en particular”.

O novo deseño da sucursal contempla catro mesas de atención personalizada ao cliente e cinco salgas de reunións, que outorgan unha maior privacidade. A oficina conta tamén con dous postos de atención transaccional para a operativa en efectivo e as tarefas máis administrativas. Todo o equipo da oficina posúe tabletas Microsoft Surface, que permiten unha total mobilidade para dar unha mellor resposta ás demandas dos clientes. As novas instalacións albergan dous caixeiros de última xeración para realizar operacións e están dotadas cunha rede WIFI gratuíta.

Compromiso con León

Durante esta visita institucional a León, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, asistiron tamén ao adestramento do ABANCA Ademar, equipo que a entidade financeira patrocina desde o ano 2014.

Os máximos directivos da entidade financeira tamén aproveitaron a súa estancia na cidade para percorrer no Museo de León a exposición ‘Novas lecturas. Diálogos no tempo e no lugar’ cando se cumpre un mes da súa apertura. Durante a visita estiveron acompañados dunha representación do empresariado leonés, cos que mantiveron máis tarde un xantar de traballo.

ABANCA en León

León conforma, xunto con Galicia e Asturias a área principal de negocio de ABANCA, que aspira a converterse na entidade de referencia no norte peninsular. Con 42 oficinas, ABANCA é o segundo banco con máis presenza na provincia. No últimos catro anos, a entidade priorizou a concesión de crédito en León, aumentando un 50% a súa cota de mercado de crédito na provincia.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .