• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta o seu plan estratéxico para EE.UU. ante empresarios de Miami

  • O evento reuniu máis de 350 invitados e contou coa presenza de Juan Carlos Escotet Rodríguez e Francisco Botas
  • Ademais de en España, o banco opera xa noutros dez países de Europa e América

De esquerda a dereita na imaxe, o cónsul xeral de España en Miami, Cándido Creis, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, a directora de ABANCA USA, Mónica Vázquez, o alcalde de Miami, Francis Suárez, e o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-02-2019
Negocio

ABANCA reuniu onte en Miami máis de 350 invitados nun evento organizado para presentarse en Estados Unidos e dar a coñecer a súa nova oficina na localidade. O evento contou coa participación do presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas, quenes expuxeron ante os asistentes as principais características do modelo ABANCA e a actividade que o banco desenvolverá no mercado americano.

Ademais dunha ampla representación do tecido social e empresarial, no evento estivo presente o alcalde de Miami, Francis Suárez, que entregou ao presidente de ABANCA as chaves da cidade.

Prioridades de ABANCA

Na súa intervención, o presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, repasou os rasgos de identidade que definen á entidade. “Facemos unha banca baseada na proximidade, asumindo que o noso papel consiste en prestar apoio ao progreso, ao crecemento económico, á convivencia e á sustentabilidade do planeta”, explicou. Así mesmo, Escotet indicou os motivos polos que ABANCA elixiu Miami como localización da súa oficina en Estados Unidos. “Esta cidade é a porta natural para calquera organización que se propoña tender pontes entre España, Europa, Norteamérica e América Latina, ademais de ser un potente imán de oportunidades”, destacou.

Pola súa banda, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, trasladou ao público asistente a vocación de ABANCA como “socio financeiro das empresas e familias con intereses en Estados Unidos, América Latina e Europa”. Explicou así mesmo o modelo diferencial de servizo que ABANCA ofrece aos clientes, tanto particulares como empresas, do seu segmento de negocio internacional, que está baseado “na atención próxima e especializada, a cobertura xeográfica total e a operatoria multidivisa, elementos que se complementan coa innovación tecnolóxica e a transformación dixital”.

Mercado obxectivo

A nova oficina de ABANCA en Miami está situada no distrito financeiro de Brickell e conta cun equipo de 12 persoas que dará servizo tanto a particulares como empresas, en ambos os casos tanto residentes como non residentes en Estados Unidos. No entanto, ABANCA dirixirase de maneira especial ás empresas españolas ou de diferentes países de América Latina que operan en Estados Unidos, que se poderán beneficiar da presenza do banco a ambos os dous lados do Atlántico.

ABANCA obtivo en decembro do pasado ano a licenza da Reserva Federal de Estados Unidos (FED) para operar no mercado financeiro americano. Aínda que ABANCA terá o seu centro de operacións en Miami, a licenza, primeira deste tipo concedida pola FED nos últimos dez anos a unha entidade internacional, permítelle operar na totalidade do territorio estadounidense. Coa súa entrada no mercado de Estados Unidos, son xa 11 os países de Europa e América, incluíndo España, nos que opera ABANCA.

Crecemento

A entrada de ABANCA no mercado estadounidense forma parte do plan de crecemento da entidade, no que tamén se inscriben as adquisicións, anunciadas en 2018, de Deutsche Bank PCC Portugal e Banco Caixa Geral España.

Con estas operacións o volume de negocio minorista sitúase nos 82.713 millóns de euros e a rede comercial amplíase ata máis de 800 oficinas en todo o mundo. A entidade aborda o seu crecemento nacional e internacional cunha taxa de morosidade do 3,6%, en liña coa media europea e moi por baixo da española, e un cociente de capital do 17% reforzado tras as últimas emisións, que foron moi ben acollidas polos mercados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .