ABANCA presenta unha oferta de crédito adaptada aos regadores de Villameca
- Os asociados optarán a produtos específicos lanzados polo banco en condicións vantaxosas para apoiar ao sector agrario
- O acordo de colaboración entre as dúas entidades permite ofrecer alternativas de crédito para realizar investimentos, anticipar axudas ou facer fronte aos gastos correntes
ABANCA e o Sindicado Central Embalse de Villameca subscribiron un novo acordo que permite facilitar o crédito entre os profesionais integrados nesta agrupación agraria.
O presidente del Sindicato Central Embalse de Villameca, Antonio Cuervo Cuervo, e a directora de zona León Provincia de ABANCA, Zaira Dapena Castro, rubricaron hoxe un acordo que renova o compromiso que mantén a entidade financeira co sector primario leonés.
ABANCA redobra a súa oferta de financiamento con produtos específicos pensados para este colectivo e que responden ás súas peticións. Un amplo abanico de alternativas para facilitar a posta en marcha de novos proxectos ou a mellora da competitividade dos actuais. Dunha maneira áxil e sinxela, os profesionais da agricultura do entorno do embalse de Villameca accederán a condicións melloradas na contratación de produtos financeiros nas súas oficinas de ABANCA más próximas.
O texto firmado inclúe préstamos especiais que permiten anticipar ingresos, devolución de impostos ou subvencións, así como anticipos, sen xuros ou sen comisións, de ata o 90% das axudas da Política Agracia Común (PAC), sen un importe mínimo. O banco tamén ofrece a esta agrupación de regadores pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, liñas de comercio exterior, confirming (pago a provedores), avais, desconto comercial ou préstamos para afrontar o pagamento de primas de seguros agrarios ou gastos de campañas.
Grazas ao acordo subscrito, os profesionais pertencentes a esta asociación optarán tamén ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Apoio ao campo leonés
ABANCA puxo en marcha nos últimos meses diversas iniciativas que referendan o seu compromiso co sector primario leonés e especificamente cos agricultores da provincia. Por exemplo, o pasado mes de maio habilitou unha liña de crédito extraordinaria de 50 millóns de euros ampliables para paliar a crise que está padecendo o regadío na provincia debido ás copiosas chuvias rexistradas durante o inverno e a primavera. Ademais, ampliou o dispositivo especial para a xestión de axudas da Política Agraria Común que pon en marcha cada primavera nas oficinas das zonas rurais de León.