• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA presenta unha oferta sectorial adaptada ás necesidades das confrarías

  • A entidade financeira amosa o seu compromiso co sector primario nun acto no que firma un convenio de colaboración con sete das principais confrarías da ría de Vigo
  • O banco con sede en Galicia crea un catálogo de produtos e servizos adaptado ás peticións e necesidades destes profesionais do mar

O director territorial de ABANCA en Vigo (quinto pola dereita), Jorge Martínez, xunto aos responsables das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Vigo (quinto pola esquerda), Jorge Martínez, xunto aos responsables das confrarías.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-09-2016
Negocio

ABANCA avanza un paso máis na súa estratexia de apoio ao sector primario en Galicia e, especificamente, ao sector pesqueiro. Un movemento estratéxico no que a entidade dá un empurrón a través dun completo catálogo de produtos e servizos adaptado ás necesidades deste colectivo.

A entidade financeira amosou esta tarde este compromiso, xunto aos representantes de sete das principais confrarías da área de influenza de Vigo. Unha reunión de traballo informal que serviu para coñecer de primeira man as preocupacións e retos dos profesionais do sector e para trazar unha liña de colaboración conxunta.

Por parte da entidade financeira participaron no encontro o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, e o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, así como diversos directores de zona e de oficina da área metropolitana de Vigo. Tomaron partido tamén Misael David García del Campo, patrón maior da Confraría San Francisco de Vigo; Rita Míguez de la Iglesia, patroa maior da Confraría Virxe do Carme de Arcade; Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría Santa Tecla da Guarda; Clemente Bastos Estévez, patrón maior da Confraría San Xoan de Redondela; María Isabel González Álvarez, secretaria da Confraría A Anunciada de Baiona; Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Cibrán de Aldán-Hio e Francisco Javier Costas García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas.

Unha vinculación “histórica” co sector pesqueiro

ABANCA ofrece aos confrades destas sete entidades toda unha batería de alternativas de financiamento con condicións melloradas. Unha oferta de crédito que permite a este colectivo afrontar con garantías tanto as necesidades máis perentorias, como planificar os retos do futuro. Destaca especialmente unha póliza de crédito a cinco anos e sen comisións pensada para facer fronte aos períodos de caída de ingresos.

Este catálogo contempla desde préstamos persoais sen xuros ou comisións para aprazar o pagamento de impostos ou subvencións ou liñas de desconto ata leasing mobiliario, avais ou liñas de comercio exterior. Os membros das confrarías tamén poderán acceder aos plans de financiamento con respaldo institucional, como o Plan ActivamosSerás redirixido a outro sitio web firmado por ABANCA coa Deputación de Pontevedra, os programas oficiais de crédito do Igape ou do ICO ou o financiamento a través de Sogarpo.

Jorge Martínez referendou durante a presentación “o compromiso histórico de ABANCA por ofrecer produtos e servizos á altura das necesidades do sector” e expuxo os detalles “dunha oferta sectorial chea de respostas áxiles e directas para os retos que expoñen os clientes”.

Esta renovación do convenio de colaboración coas principais confrarías da área metropolitana de Vigo enmárcase dentro do apoio da entidade financeira a un dos sectores clave da economía produtiva de Galicia. Unha firma que se suma a outras medidas impulsadas por ABANCA recentemente como diversos acordos alcanzados neste ano con outros axentes do mundo do mar, o lanzamento dunha división específica para o sector primario ou a posta en marcha de campañas específicas ante situacións extraordinarias como mareas vermellas ou mortaldade da ameixa.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .