• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA, primeira entidade que comercializa en España o fondo Neuberger Berman Direct Private Equity 2022 de banca privada

  • A entidade engade unha opción de investimento alternativo, tipoloxía de especial interese na actual contorna de estímulos monetarios, inflación e baixos rendemento en renda fixa

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

15-02-2022
Negocio

ABANCA incorporou ao catálogo que pon a disposición dos seus clientes de banca privada o fondo Neuberger Berman Direct Private Equity 2022 ELTIF, unha nova opción coa que amplía a súa oferta de investimento alternativo da man de xestoras de prestixio internacional, neste caso a firma estadounidense Neuberger Berman. ABANCA, coa súa unidade especializada de banca privada, é a primeira entidade que comercializa este fondo de Neuberger Berman en España.

Neuberger Berman Direct Private Equity 2022 ELTIF é un produto dirixido a clientes minoristas asesorados e profesionais que require un investimento mínimo de 25.000 euros. Encádrase na categoría de Fondos de Investimento a Longo Prazo Europeos (ELTIF polas súas siglas en inglés). O seu prazo de vencimiento é de 8 anos, fronte á media de 10 anos deste tipo de produtos. A partir do sexto ano, as súas comisións de xestión redúcense en case un 90%.

O fondo inviste principalmente en empresas non cotizadas na modalidade de coinversión xunto coas principais xestoras de private equity do mundo. Este modelo de coinversión reforza a profundidade da análise dos investimentos. O fondo investirá principalmente en Europa e Estados Unidos, diversificando sectores e ponderando factores ASG (ambientais, sociais e de goberno corporativo).

“Na actual contorna de investimento, caracterizada por políticas monetarias de estímulo, inflación, e rendementos limitados e mesmo negativos en bonos, os produtos alternativos baseados en private equity gañan atractivo para os investidores pola súa capacidade de diversificar e identificar outras fontes de rendibilidade para as carteiras dos clientes”, explica Javier Rivero, director de ABANCA Privada.

"Este fondo ten unha estrutura innovadora que elimina as barreiras para os investidores minoristas asesorados que desexan investir nesta clase de activo. Con el combinamos un acceso con importes reducidos a un vehículo cun prazo inferior, acurtamos os períodos de investimento a 12-18 meses, adaptamos as chamadas de capital e ofrecemos maior diversificación que nas ofertas de capital privado máis tradicionais", explica Irene López, responsable de Neuberger Berman en España e Portugal.

Acerca de Neuberger Berman

Neuberger Berman, fundada en 1939, é unha xestora 100% independente e propiedade dos seus empregados con ampla experiencia no mundo do private equity (investimento en compañías non cotizadas). Con oficinas en 36 cidades de todo o mundo e máis de 2.400 empregados, xestiona múltiples estratexias (renda variable, renda fixa, multiactivos, private equity, inmobiliario e hedge funds, entre outras). Presenta unha ampla traxectoria na integración de factores ASG para a selección de investimentos, xa que na década de 1940 comezou a empregar factores de exclusión de compañías por criterios ambientais, sociais e de goberno corporativo. En 1981 lanzou a súa plataforma de investimento en private equity, que nestes momentos xestiona máis de 82.000 millóns de dólares, dos que 23.000 corresponden a estratexias de coinversiones. Nos últimos 3 anos, Neuberger Berman coinvertiu en máis de 150 compañías investindo máis de 8.000 millóns de dólares.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .