ABANCA, primeiro banco español en dispor dunha oficina con tecnoloxía 5G
- Vodafone e ABANCA realizan unha proba piloto na oficina da entidade financeira no polígono de POCOMACO da Coruña
- É un dos pilotos previstos no Nodo de Cooperación 5G, impulsado pola Xunta para situar a Galicia como territorio preferente na extensión destas redes
ABANCA puxo en marcha conxuntamente con Vodafone un proxecto piloto de implantación de tecnoloxía 5G na súa rede de oficinas. Grazas a esta iniciativa, desenvolvida na oficina de atención ao público que ABANCA ten no polígono de POCOMACO da Coruña, a entidade convértese no primeiro banco español en facer uso desta tecnoloxía inalámbrica na súa rede comercial grazas ao operador de orixe británica. Este é un dos pilotos do Nodo de Cooperación con Operadores do Plan Galicia 5G da Xunta de Galicia, dirixido a situar á comunidade como territorio preferente na extensión destas redes de quinta xeración.
A implantación da tecnoloxía 5G é o próximo paso no proceso de renovación tecnolóxica da rede de oficinas de ABANCA. A entidade vén implantando nos últimos anos un novo modelo de oficina caracterizado pola aplicación intensiva da tecnoloxía, tanto na atención ao cliente como na operatoria da oficina. O uso de dispositivos Microsoft Surface e outros recursos tecnolóxicos permite ao banco ofrecer aos seus clientes un servizo de mellor calidade baseado na personalización e a mobilidade.
A implantación da tecnoloxía 5G de Vodafone, primeiro operador en lanzar en España unha rede comercial baseada en tecnoloxía 5G, permitirá reforzar os beneficios que o novo modelo de oficina de ABANCA ofrece aos seus usuarios. Especificamente, a tecnoloxía 5G fai posible unha maior velocidade de acceso, cunha latencia mínima, permitindo a conexión de múltiples dispositivos a unha mesma rede inalámbrica. Grazas a iso os clientes de ABANCA beneficiaranse dunha mellor experiencia no uso dos recursos dixitais da oficina na que se desenvolve o proxecto para a xestión e contratación de produtos e servizos bancarios.
Dixitalización
Coa implantación da mobilidade en oficinas, a existencia de wifi a disposición dos clientes e agora o uso da tecnoloxía 5G, ABANCA reforza o seu posicionamento como entidade financeira altamente tecnolóxica. ABANCA conta cunha das apps de banca móbil mellor valoradas polos usuarios tanto en contorna iOS como Android, ofrece aos seus clientes os principais servizos de pago móbil do mercado, e mantense á vangarda do sector na creación de produtos e servizos financeiros dixitais en segmentos como os seguros e a banca para empresas.