• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA Privada lanza un fondo de investimento private equity en alianza con BlackRock

  • Con este novo produto o banco amplía as opcións de investimento ante a alta volatilidade dos mercados cotizados e de renda fixa
  • BlackRock Private Equity Opportunities ELTIF vai dirixido a investidores experimentados e cun horizonte de investimento a longo prazo

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

14-12-2020
Negocio

ABANCA ampliou a súa carteira de produtos de investimento co lanzamento para os seus clientes de banca privada dun fondo de investimento en empresas non cotizadas. Para reforzar a súa oferta en dito segmento de clientes, ABANCA elixiu como partner a BlackRock, a maior xestora de fondos do mundo, que xestiona activos por valor de 6,5 billóns de euros e ten presenza en 100 países. O lanzamento deste produto forma parte do plan de desenvolvemento do negocio de banca privada iniciado en 2019 por ABANCA.

ABANCA dirixe este produto, BlackRock Private Equity Opportunities ELTIF, a investidores experimentados, dispostos a asumir un maior risco e cun horizonte de investimento a longo prazo. O fondo ten previsto investir en empresas de todos os sectores na Unión Europea, Estados Unidos, Canadá, China e Corea do Sur, tanto en compañías consolidadas como en empresas xóvenes, sempre non cotizadas.

O produto, regulado en Luxemburgo, xorde da necesidade de ofrecer aos clientes novas opcións de investimento ante as dificultades derivadas da ralentización do crecemento, os baixos tipos de interés e a volatilidade dos mercados cotizados e bonos. Os fondos de private equity abren novas opcións de rendibilidade ao permitir o investimento en empresas non cotizadas que desenvolvan proxectos de consolidación ou crecemento.

Vantaxes para o investidor

Este tipo de investimento pode ofrecer ao investidor experimentado varias vantaxes en relación con outras opcións. Por unha banda, ao longo dos últimos vinte anos o comportamento do private equity está sendo mellor que o dos investimentos cotizados. Ademais, o seu rendemento ten menos correlación cos índices tradicionais de renda variable, renda fixa e outro tipo de produtos. Por último, permite ampliar as oportunidades de investimento en sectores en crecemento e proxectos empresariais emerxentes.

Todo isto confire a este tipo de produtos un valor especial como ferramenta de diversificación de carteiras. Adicionalmente, o cliente conta coa protección contemplada na normativa sobre fondos de investimento a longo prazo europeos (ELTIF).

ABANCA Privada

ABANCA Privada xestiona un patrimonio de 5.000 millóns de euros, conta cun equipo de máis de 50 banqueiros en España e Portugal, e 28 oficinas especializadas, 16 en España e 12 en Portugal. Tamén conta con presenza en EE.UU e Suiza.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .