ABANCA reafirma o seu compromiso coa viabilidade das confrarías da área de influenza de Vigo
- A entidade financeira convoca aos principais pósitos do sur da provincia de Pontevedra a unha mesa redonda para abordar os problemas e expectativas do sector
- O banco con sede en Galicia renova un convenio de colaboración coas confrarías da ría de Vigo que ofrece alternativas de crédito adaptadas
- A firma chega a poucos días da celebración da feira Conxemar, onde a entidade financeira presentou o pasado ano a súa división especializada ABANCA Mar
ABANCA dá un novo impulso a o seu acordo estratéxico co mundo do mar en Galicia, xusto cando faltan menos de dúas semanas para a celebración do evento de referencia do sector, Conxemar. Un compromiso que escenificouse esta tarde na sede institucional da entidade financeira en Vigo grazas a unha mesa redonda e á firma simultánea de sete convenios de colaboración coas principais confrarías do sur de Galicia.
ABANCA actualiza con estas rúbricas a folla de ruta de apoio aos pósitos e coloca a concesión de crédito no centro da súa estratexia sectorial. O novo acordo inclúe unha oferta de financiamento que mellora as súas condicións respecto á anterior edición e que amplía as solucións ao alcance dos clientes.
Por parte da entidade financeira participaron no encontro o director territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez, e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como diversos directores de zona e de oficina da área metropolitana de Vigo. Tomaron partido tamén Misael David García del Campo, patrón maior da Confraría San Francisco de Vigo; Luis Miguel Loira Bouzón, vicepatrón maior da Confraría Virxe do Carme de Arcade; Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría Santa Tecla da Guarda; Clemente Bastos Estévez, patrón maior da Confraría San Xoán de Redondela; Susana González Álvarez, patroa maior da Confraría A Anunciada de Baiona; Juan Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Cibrao de Aldán-Hío e Francisco Javier Costas García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas.
Novas solucións para novos retos
O acordo prolonga a contratación de produtos incluídos na oferta financeira que o banco deseñou para os traballadores e empresas do mar. Entre eles, inclúense solucións xa coñecidas como a póliza de crédito para o sector pesqueiro (con anticipo para paros biolóxicos), préstamo persoal, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais, anticipos a subvencións ou pago de impostos e financiamento oficial a través do Igape e ICO.
O texto firmado dá entrada a produtos demandados polo colectivo como a hipoteca naval, pensada especificamente para acometer renovacións de flota. Unha alternativa de financiamento flexible, con amplos prazos de amortización e adaptada a importes elevados. De maneira adicional, os novos convenios inclúen produtos específicos para os empregados dos pósitos.
A firma dos convenios foi o peche para unha xornada de análise e reflexión sobre as novas necesidades do sector e os principais desafíos. Os máximos representantes das confrarías expresaron a súa preocupación por cuestións de actualidade como a rexeneración de bancos marisqueiros, as limitacións das capturas ou a renovación da flota. A entidade financeira comprometeuse a seguir traballando en solucións adaptadas ás súas necesidades e a programar novas mesas de traballo nos vindeiros meses.