• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA recibe o premio ‘EMOtional Friendly Bank’ ao banco que mellorou máis a confianza dos seus clientes no último ano

  • A consultora EMO Insights recoñece á entidade financeira galega por lograr o maior crecemento en apego emocional

Luis Beraza recolle o premio outorgado a ABANCA de mans da responsable de EMO Insigths International.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

12-06-2017
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web foi premiada co galardón ‘EMOtional Friendly Bank’ á entidade financeira en España coa mellor evolución no índice de apego emocional de clientes no último ano. O recoñecemento, outorgado pola consultora EMO Insights InternationalSerás redirixido a outro sitio web, está motivado polos resultados obtidos polo banco no ‘5º Estudo de emocións de clientes particulares no sector bancario español’, elaborado por esta empresa especializada na xestión de experiencia de cliente a través de emocións.

O director xeral de Negocio España, Luís Beraza de Diego, foi o encargado de recoller o premio de mans da conselleira delegada de EMO Insights, Elena Alfaro, nun acto celebrado na sede institucional de ABANCA en Madrid.

O estudo de EMO Insights, baseado en máis de tres mil enquisas online a clientes de 17 entidades, constata a positiva evolución de ABANCA no índice EMO, a métrica que resume o apego emocional dun cliente cara a unha marca en base a emocións positivas (sorpresa, alegría, confianza e agradecemento) e negativas (decepción, irritación, frustación e inseguridade). ABANCA obtivo nesta investigación un índice EMO do 32,1%, cunha mellora do 18,3% con respecto a 2016, a máis alta do sector. Por segundo ano consecutivo, a entidade financeira galega sitúase á cabeza desta clasificación en aumento do apego emocional dos seus clientes.

De acordo con este informe, ABANCA incrementou no último ano un 18,4% a porcentaxe de clientes que senten confianza coa entidade. Esta mellora débese, principalmente, ao aumento de ‘fans’ do banco, dun 16,4%, a porcentaxe máis elevada das entidades analizadas, que dobra ao obtido polo segundo banco.

Nas conclusións do estudo, EMO Insights apunta que a boa evolución no índice de apego emocional dos clientes de ABANCA é consecuencia do esforzo realizado pola entidade nos últimos anos para recuperar a súa confianza. A consultora cita expresamente a mellora na imaxe de transparencia e proximidade, así como a atención ao cliente, con índices por encima da media do sector.

Consolidación da banca móbil como canle de relación

ABANCA tamén se sitúa, segundo os resultados desta enquisa, nos primeiros postos do sector en consolidación da banca móbilSerás redirixido a outro sitio web. ABANCASerás redirixido a outro sitio web figura como unha das entidades que rexistra un maior uso da app móbil como canle de contacto dos clientes, superando á media do sector. Ademais, é unha das entidades que supera en todos os tramos de idade de clientes á media sectorial.

A aposta de ABANCA pola dixitalización e a innovación tamén queda patente nos resultados deste estudo. A entidade financeira galega aparece, a gran distancia do segundo competidor, como o banco que máis creceu en dixitalización no último ano, o que xerou unha maior confianza nos seus clientes.

Outra das variables nas que ABANCA destaca con respecto ao sector é a percepción que teñen os seus clientes sobre a estratexia de comisións da entidade. De acordo coa enquisa de EMO Insights, máis do 40% dos clientes están contentos co Programa Cero Comisións da entidade, case catro puntos porcentuais máis que a media sectorial. ABANCA é a entidade que logra, no último ano, un maior crecemento na satisfacción dos seus clientes coas comisións.

O galardón dos premios ‘EMOtional Friendly Bank’ é unha figura cunha planta viva no seu interior, como metáfora do coidado sostido no tempo que requiren as emocións dos clientes.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .