• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA recibe o Premio Excelentia á cultura polo proxecto ABANCA ReSuena

  • O banco colabora desde 2015 con esta iniciativa promovida pola Orquesta Sinfónica de Galicia
  • ABANCA ReSuena busca o crecemento e o desenvolvemento dos nenos e mozos a través da práctica musical

Á esquerda, o presidente de ABANCA, Javier Etcheverría, no momento de recoller o Premio Excelentia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Tatiana Suárez, directora de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA, e o presidente do banco, Javier Etcheverría, nun momento do acto de entrega dos premios.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-04-2016
RSC

O presidente de ABANCASerás redirixido a outro sitio web, Javier Etcheverría de la Muela recolleu este mércores 13 de abril o Premio Excelentia á cultura polo proxecto ABANCA ReSuena nun acto que tivo lugar no Auditorio Nacional de Música de Madrid e que culminou cun concerto ‘Especial Beethoven’ interpretado pola Orquesta Clásica Santa Cecilia e as 140 voces da Sociedad Coral Excelentia de Madrid, baixo a batuta do prestixioso director Kynan Johns.

ABANCA foi recoñecida na II Edición dos Premios Excelentia na categoría de empresa comprometida coa cultura polo proxecto ABANCA ReSuenaSerás redirixido a outro sitio web, iniciativa conxunta da dirección xeral de Responsabilidade Social Corporativa de ABANCA e da Orquesta Sinfónica de Galicia desde febreiro de 2015.

Os Premios Excelentia que organiza a fundación co mesmo nome teñen como obxectivo recoñecer o labor de persoas, empresas e outras institucións que sobresaen polo seu apoio á cultura e á música clásica en especial. Nesta segunda edición tamén foron recoñecidas polo seu traballo a favor da cultura e a música personalidades como Teresa Berganza e outras entidades coma o Hospital La Paz, o Conservatorio Rodolfo Halffter de Móstoles, a Real Banda de Gaitas de Ourense, o Teatro Real ou Radio Clásica de RNE.

ABANCA ReSuena

A Fundación Excelentia destacou o apoio de ABANCA ao proxecto ReSuena por facilitar que nenos e mozos de diferentes estratos sociais e tamén con discapacidade se integren aprendendo a tocar instrumentos de música.

A iniciativa foi ideada pola OSG co obxectivo de promover o crecemento e o desenvolvemento persoal durante a infancia e a xuventude a través do traballo de grupo e individual, favorecendo a unión entre as diferentes capas da sociedade. A práctica musical conxunta permite desenvolver habilidades sociais para relacionarse e poder superar problemas de comportamento, ao tempo que facilita o desenvolvemento das aptitudes individuais.

O apoio do banco deu un impulso definitivo ao proxecto coa entrega dun lote de 150 instrumentos musicais que permitiron ampliar as actividades formativas ata chegar na actualidade a tres centros na cidade da Coruña: o Centro Cívico de Monte Alto, o CEIP Alborada e o CEE de xordos Nuestra Señora del Rosario.

A aposta de ABANCA por esta iniciativa responde a unha visión da música como unha ferramenta única para o estímulo da aprendizaxe dunha maneira lúdica e diferente, que ademais axuda a transmitir valores fundamentais entre os máis pequenos como a dedicación, o traballo duro, a procura da excelencia e a superación artística.

Fundación Excelentia

A Fundación Excelentia é unha organización privada que desenvolve as súas actividades no campo da cultura, sendo líderes na promoción privada da música clásica. Nace para contribuír á difusión do patrimonio lírico-musical e impulsar a creación e representación das artes musicais en todas as súas variedades.

Entre as súas actividades destacan a organización de varios ciclos de concertos no Auditorio Nacional de Madrid, o Auditorio Miguel Delibes de Valladolid, o Auditorio de Alicante e o Auditorio de Zaragoza, así como noutros emprazamentos coma o Teatro Real de Madrid e o Palau da Música de Valencia.

A fundación ten tamén un forte compromiso social e desenvolve proxectos educativos que inclúen concertos pedagóxicos para nenos, axudas para a formación musical, cursos de música para nenos e concertos benéficos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA e Afundación presentan unha experiencia inmersiva pioneira para mellorar a cultura financeira da sociedade

03-04-2025
RSC

A exposición, de carácter interactivo, titúlase ‘Ítaca. Unha viaxe pola educación financeira’.

Inauguración exposición Ítaca

ABANCA inaugura en Santiago a exposición ‘José María de Labra. Correspondencias’

01-04-2025
RSC

A mostra reúne 55 obras que permiten revisar en clave contemporánea a traxectoria deste artista galego, fundamental no desenvolvemento da abstracción en España.

Comisarios, representantes da Colección ABANCA e artistas que cederon obra para a exposición, durante o acto de apertura da mostra.
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .