• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA recibe un premio á “brillantez na innovación” por un proxecto de intelixencia artificial

  • O premio, ao que optaban máis de 150 empresas a nivel mundial, recoñece o uso de distintos modelos de intelixencia artificial para axilizar a admisión de solicitudes de financiamento

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

06-06-2024
Corporativo

ABANCA acaba de recibir o premio na categoría “Innovation Brillance” dos prestixiosos SS&C Blue Prism Customer Excellence Awards. Este novo recoñecemento chega grazas á destacada contribución da entidade financeira no campo da automatización e, especificamente, ao seu innovador proceso robotizado de financiamento ao consumo en ABANCA Servicios Financieros (ASF).

Segundo a compañía internacional SS&C Blue Prism, o proxecto de ABANCA demostrou ser altamente efectivo na automatización da admisión de solicitudes de financiamento desde os puntos de venda, reducindo drasticamente o tempo dedicado a tarefas manuais, mellorando os tempos de resposta do servizo de atención ao cliente e xerando significativas eficiencias.

O xurado eloxiou a capacidade de ABANCA para xestionar centos de miles de solicitudes de clientes utilizando esta combinación innovadora de tecnoloxías. E é que, desde que a entidade financeira ha implantado esta mellora, o robot tramitou máis de 18.500 solicitudes. "A introdución da intelixencia artificial permítenos dar un mellor servizo aos nosos clientes, máis áxil e homoxéneo, e ademais facilítanos dedicar o labor dos equipos a tarefas onde se achega máis valor”, sinala o director de ABANCA Servicios Financieros, Jesús Suárez López.

A transformación e dixitalización dos procesos constitúen eixes estratéxicos de ABANCA. Por iso a entidade creou un equipo de traballo específico cuxo obxectivo é a aplicación destas tecnoloxías innovadoras para reducir os tempos de resposta, aumentar a calidade e a eficiencia, e diminuír o risco operativo dos procesos máis críticos. Estas melloras iranse implantando progresivamente ao longo dos próximos meses.

"Fomos capaces de constituír un equipo dinámico, multidisciplinar e vangardista, que nos permitiu ser pioneiros na implantación de solucións que combinan os nosos modelos de intelixencia artificial, a IA xenerativa e a plataforma de robotización, para así resolver problemas complexos dunha maneira que era inimaxinable hai apenas dous anos", engade o director de Data, Analytics e Rtech de ABANCA, Jorge García Romarís.

Este recoñecemento resalta o compromiso de ABANCA coa innovación e a mellora continua dos seus procesos para ofrecer un servizo excepcional aos seus clientes. Ademais, sitúa ao banco á vangarda na aplicación de tecnoloxías emerxentes no sector financeiro.

SS&C Technologies

SS&C é un provedor global de servizos e software para as industrias de servizos financeiros e atención médica. Fundada en 1986, ten a súa sede en Windsor (Connecticut) e conta con oficinas en todo o mundo. Ao redor de 20.000 organizacións de servizos financeiros e atención médica, desde as empresas máis grandes do mundo ata pemes, confían en SS&C para obter experiencia, escala e tecnoloxía.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA transforma o edificio do seu principal centro de datos nun espazo máis funcional, eficiente e sostible

30-04-2026
Corporativo

ABANCA finalizou o proxecto de transformación integral do edificio no que se sitúa o seu principal centro de procesamento de datos (CPD) no polígono de POCOMACO (A Coruña), unha das principais infraestruturas tecnolóxicas da súa clase en Galicia.

De esquerda a dereita na imaxe, Pilar Ceide, da área de Proxectos de ABANCA, Juan de Dios Lechuga, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente de ABANCA, Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA, e Juan Carlos Pan, da área de Proxectos de ABANCA.

ABANCA lanza a 12ª edición do seu Programa para Startups

08-04-2026
Corporativo

Nesta nova convocatoria, o programa de Venture Client de ABANCA Innova pon o foco en propostas tecnolóxicas que incorporen as últimas tendencias en intelixencia artificial, criptomoedas e procesos de tokenización, con potencial para transformar o sector financeiro.

Portátil en el que se muestra la web de la 12ª edición do Programa para Startups de ABANCA Innova
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2026 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .