ABANCA recoñece a traxectoria de 215 profesionais con máis de 25 anos de traballo na entidade
ABANCASerás redirixido a outro sitio web entregou hoxe 211 de insignias de prata a outros tantos empregados que cumprían 25, 30 ou 35 anos de traballo na entidade e 4 insignias de ouro a profesionais que cumpriron 40 e 45 anos de servizo en ABANCA. O acto, celebrado no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, contou coa presenza do presidente da entidade, Juan Carlos Escotet Rodríguez, o conselleiro delegado, Francisco Botas, e os directivos do Comité de Dirección.
Na súa intervención, Juan Carlos Escotet Rodríguez transmitiu aos homenaxeados o recoñecemento polos máis de 25 anos de traballo na entidade. “O capital humano sodes a mellor peza para o que banco funcione cada día. Os empregados e empregadas de ABANCA sodes os que dades sentido e valor á nosa entidade”, afirmou o presidente de ABANCA.
Pola súa banda, Francisco Botas asegurou que “hai que ser un bo profesional, digno de confianza, para cumprir tantos anos de traballo nunha organización, e vós demostrastes selo”.
Preto de 5.000 anos de experiencia acumulada
Os 215 profesionais distinguidos este ano por ABANCA (33 da Dirección Territorial de Vigo, 32 da DT Ourense, 31 da DT A Coruña, 25 da DT Pontevedra, 21 da DT Lugo, 10 da DT Santiago, 6 da DT Centro-Leste, 6 da DT Asturias/León e 47 das áreas de servizos centrais da entidade e outras empresas do grupo) suman no seu conxunto case 5.000 anos de experiencia profesional na entidade financeira galega.
Os homenaxeados recibiron de mans dos principais directivos da entidade as insignias conmemorativas en recoñecemento aos seus 25, 30, 35, 40 ou 45 anos de dedicación. Durante o acto, os profesionais recoñecidos estiveron arroupados polos seus familiares, así como por responsables das distintas direccións territoriais, rede comercial e capital humano da entidade.