• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA recupera 1.400 quilos de redes de pesca abandonadas para o seu uso en campos deportivos

  • O proxecto Redes Vivas forma parte da estratexia de sostibilidade do banco e pon en valor o traballo artesán que realizan as redeiras
  • Máis de 5.000 deportistas de 39 clubs utilizarán as 78 porterías que se van renovar coas redes recicladas ao longo deste ano
  • O banco dará un impulso á iniciativa en 2022 para incrementar o volume de redes recuperadas e o número de beneficiarios

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-11-2021
Sostenibilidad

O proxecto Redes Vivas posto en marcha por ABANCA no marco da súa estratexia de sostibilidade permitiu recuperar este ano 1.400 quilos de redes de pesca abandonadas en espazos costeiros e darlles unha nova vida dentro dos campos deportivos.

Redeiras artesás de Corme e Malpica foron as encargadas de reciclar as redes en desuso e transformalas en 1.500 m2 de novas redes que permitirán renovar 78 porterías de 39 clubs patrocinados polo banco no marco do seu proxecto ABANCA Deporte BaseSerás redirixido a outro sitio web. Ata o momento entregáronse 40 redes a 20 clubs e o resto das entregas realizaranse en 2022. Máis de 5.000 deportistas das catro provincias galegas beneficiaranse das novas redes instaladas nas súas canchas e campos deportivos.

Redes Vivas é un proxecto que forma parte da liña de acción ambiental do plan de sostibilidade posto en marcha polo banco este ano. Abarca todo o proceso de recuperación das artes de pesca, comezando pola retirada das redes dos espazos portuarios nas que se atopan abandonadas. A continuación, trasládanse aos talleres das redeiras, que recibiron formación específica para tratalas e darlles unha nova vida como redes de uso deportivo. Unha vez recicladas, o banco tamén se encarga do transporte ata as instalacións deportivas dos clubs.

As redes recuperadas poden utilizarse en seis disciplinas deportivas das 34 que apoia o banco a través do programa ABANCA Deporte Base: fútbol, balonmán, fútbol sala, hóckey patíns, kaiak polo e hóckey herba.

A iniciativa ten un impacto positivo en tres das liñas estratéxicas do banco: sostibilidade, xa que contribúe ao coidado do medio ambiente e fomenta a economía circular; promoción da economía local e os sectores produtivos, achegando innovación e visibilidade a un oficio tradicional e artesán realizado maioritariamente por mulleres, e apoio ao deporte, dotando de material aos clubs galegos.

O banco prevé dar un impulso ao proxecto en 2022 para conseguir incrementar tanto o volume de redes recuperadas como o número de deportistas beneficiados.

Compromiso coa sostibilidade ambiental e económica

O coidado do medio ambiente e apoiar a transición cara a un modelo económico máis sostible son dúas das liñas de acción que recolle o Plan de Acción de Banca Responsable e Sostible 21-24 de ABANCA, resultado dun proceso de análise global da súa estratexia co fin de aliñala cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e os Acordos de París.

O compromiso da entidade para contribuír á loita contra o cambio climático e apoiar unha economía máis respectuosa co medio ambiente e os dereitos das persoas queda patente tamén coa súa adhesión ás principais iniciativas sectoriais a nivel internacional. ABANCA forma parte desde as súas orixes da Rede Global de Pacto MundialSerás redirixido a outro sitio web, é signataria fundadora dos Principios de Banca Responsable e sumouse aos Principios de Investimento Responsable, aos Principios para un Océano Sostible, ao Compromiso Colectivo para a Acción Climática de Nacións Unidas e ao Acordo Sectorial polo Clima do sector bancario español.

Ademais, forma parte desde o seu lanzamento de Net Zero Banking Alliance de UNEP- FI e marcouse como obxectivo alcanzar a neutralidade en carbono na súa actividade propia en 2024 e as cero emisións atribuíbles á súa carteira en 2050.

Entre as accións de protección e concienciación do medio ambiente que promove a entidade destacan, ademais do proxecto Redes Vivas, as actividades de voluntariado e de sensibilización ambiental que realiza a Obra Social ABANCA. As accións de limpeza do litoral e os fondos mariños impulsadas por AfundaciónSerás redirixido a outro sitio web este ano no marco do seu Plan de Conservación Territorial- ON (Plancton), en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, conseguiron retirar das costas galegas 18,6 toneladas de residuos.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA adhírese ao Programa Funcas Educa por sexto ano para impulsar a cultura financeira da sociedade

05-06-2024
RSC Sostenibilidad

O conselleiro delegado de ABANCA e o director xeral de Funcas subscriben o acordo de colaboración.

ABANCA e Afundación entregan ao colexio Las Acacias de Vigo un dos tres premios nacionais do programa educativo Segura-Mente

31-05-2024
RSC Sostenibilidad

O equipo gañador foi a aula de 5ºA de Educación Primaria deste centro escolar, que se alzou co galardón na categoría A.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .