• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reforza a súa colaboración cos sindicatos leoneses UCALE-COAG e UCCL na presente campaña da PAC

  • A entidade financeira firma un novo convenio cos sindicatos leoneses para atender as demandas financeiras dos agricultores
  • Os asociados poderán adiantar o cobro de axudas e acceder a un catálogo adaptado as necesidades do sector en condicións vantaxosas, grazas a unha división especifica do banco: ABANCA Agro

O secretario xeral de UCALE-COAG León, Apolinar Castellanos, xunto ao director de zona León Centro, Marcos Álvarez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O presidente de UCCL, Juan Antonio Rodríguez, xunto ao director de zona León Centro, Marcos Álvarez.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

25-04-2019
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web renovou un ano máis a súa colaboración cos sindicatos UCALE-COAG LeónSerás redirixido a outro sitio web e UCCL LeónSerás redirixido a outro sitio web cun novo convenio, rubricado de maneira individual, que crece con novas opcións de crédito para atender as demandas dos agricultores da provincia. Con estes acordos o banco e os sindicatos comprométense unha vez máis na axuda aos agricultores para facilitar o acceso ao crédito e o anticipo das axudas.

Desta forma, o acordo permite tramitar con axilidade a solicitude das axudas da PAC e o seu anticipo. Ademais, ABANCA pon a disposición dos agricultores un produto financeiro específico, con condicións moi competitivas, que permite cobrar de forma anticipada ata o 90% do importe da axuda da PAC.

Na firma destes acordos participaron o presidente de UCCL León, Juan Antonio Rodríguez Ferrero, e o secretario xeral de UCALE-COAG León, Apolinar Castellanos Pellitero. Por parte de ABANCA, os actos contaron coa firma do director de zona León Centro, Marcos Álvarez Díez.

Grazas a este acordo, os agricultores poderán igualmente beneficiarse doutras múltiples vantaxes, como unha póliza de crédito pensada para financiar as necesidades de liquidez do día a día, cuxa principal vantaxe radica en que pode chegar ata a cinco anos, ademais de supoñer un importante aforro en gastos de intervención notarial. ABANCA tamén ofrece un préstamo específico para os gastos de campaña, cun máximo de 10.000 euros, a tipo de interese cero e cunha comisión de apertura do 1,50%.

Do mesmo xeito, a fin de garantir a tranquilidade dos agricultores á hora de afrontar novos investimentos, o banco habilita un préstamo persoal para o sector agrogandeiro cun prazo moi amplo que pode chegar ata os 12 anos, produto que tamén se contempla en forma de leasing, neste caso cun prazo adaptado á vida útil do ben.

A oferta de ABANCA complétase ademais con outros produtos de activo como anticipos (tamén doutras subvencións distintas á PAC e de devolucións de impostos), liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Así mesmo, o convenio incorpora a opción de contratar seguros especialmente pensados para o sector agrario, e unha liña de financiamento específico para primas de seguros agrarios cun prazo máximo de 12 meses. Incorpórase tamén a posibilidade de gozar das vantaxes do Programa Cero Comisións do banco, ao que se pode acceder coa domiciliación das axudas da PAC.

Para optimizar a oferta, os agricultores poderán igualmente beneficiarse das diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos, ademais dos convenios que a entidade mantén coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou as Sociedades de Garantía Recíproca nacionais. Neste sentido cabe destacar que ABANCA é unha das entidades que se adheriu ao Instrumento Financiero de Gestión Centraliza e que supón garantir o financiamento solicitado ao amparo deste convenio ata o 80%.

ABANCA Agro: compromiso co sector primario leonés

Con estas novas firmas, a entidade financeira intensifica o seu apoio a un sector fundamental dentro da economía do país e da provincia, a través da división ABANCA AgroSerás redirixido a outro sitio web. Estes convenios son un claro exemplo do compromiso que ten a entidade á hora de ofrecer produtos financeiros específicos que respondan as necesidades dos agricultores da provincia de León, ofrecendo apoios económicos para o desenvolvemento dunha actividade competitiva, con estruturas modernizadas, con boas redes de comercialización dos produtos e cunha aposta decidida polos novos agricultores que se incorporan por primeira vez ao campo.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .