ABANCA reforza a súa colaboración cos sindicatos leoneses UCALE-COAG e UCCL na presente campaña da PAC
- A entidade financeira firma un novo convenio cos sindicatos leoneses para atender as demandas financeiras dos agricultores
- Os asociados poderán adiantar o cobro de axudas e acceder a un catálogo adaptado as necesidades do sector en condicións vantaxosas, grazas a unha división especifica do banco: ABANCA Agro
ABANCA renovou un ano máis a súa colaboración cos sindicatos UCALE-COAG León e UCCL León cun novo convenio, rubricado de maneira individual, que crece con novas opcións de crédito para atender as demandas dos agricultores da provincia. Con estes acordos o banco e os sindicatos comprométense unha vez máis na axuda aos agricultores para facilitar o acceso ao crédito e o anticipo das axudas.
Desta forma, o acordo permite tramitar con axilidade a solicitude das axudas da PAC e o seu anticipo. Ademais, ABANCA pon a disposición dos agricultores un produto financeiro específico, con condicións moi competitivas, que permite cobrar de forma anticipada ata o 90% do importe da axuda da PAC.
Na firma destes acordos participaron o presidente de UCCL León, Juan Antonio Rodríguez Ferrero, e o secretario xeral de UCALE-COAG León, Apolinar Castellanos Pellitero. Por parte de ABANCA, os actos contaron coa firma do director de zona León Centro, Marcos Álvarez Díez.
Grazas a este acordo, os agricultores poderán igualmente beneficiarse doutras múltiples vantaxes, como unha póliza de crédito pensada para financiar as necesidades de liquidez do día a día, cuxa principal vantaxe radica en que pode chegar ata a cinco anos, ademais de supoñer un importante aforro en gastos de intervención notarial. ABANCA tamén ofrece un préstamo específico para os gastos de campaña, cun máximo de 10.000 euros, a tipo de interese cero e cunha comisión de apertura do 1,50%.
Do mesmo xeito, a fin de garantir a tranquilidade dos agricultores á hora de afrontar novos investimentos, o banco habilita un préstamo persoal para o sector agrogandeiro cun prazo moi amplo que pode chegar ata os 12 anos, produto que tamén se contempla en forma de leasing, neste caso cun prazo adaptado á vida útil do ben.
A oferta de ABANCA complétase ademais con outros produtos de activo como anticipos (tamén doutras subvencións distintas á PAC e de devolucións de impostos), liñas de comercio exterior, confirming, factoring, avais ou liñas de desconto. Así mesmo, o convenio incorpora a opción de contratar seguros especialmente pensados para o sector agrario, e unha liña de financiamento específico para primas de seguros agrarios cun prazo máximo de 12 meses. Incorpórase tamén a posibilidade de gozar das vantaxes do Programa Cero Comisións do banco, ao que se pode acceder coa domiciliación das axudas da PAC.
Para optimizar a oferta, os agricultores poderán igualmente beneficiarse das diferentes liñas de financiamento oficial que ABANCA ten subscritas con diversos organismos públicos, ademais dos convenios que a entidade mantén coa Sociedad Anónima Estatal de Caución Agraria (SAECA), o Instituto de Crédito Oficial (ICO) ou as Sociedades de Garantía Recíproca nacionais. Neste sentido cabe destacar que ABANCA é unha das entidades que se adheriu ao Instrumento Financiero de Gestión Centraliza e que supón garantir o financiamento solicitado ao amparo deste convenio ata o 80%.
ABANCA Agro: compromiso co sector primario leonés
Con estas novas firmas, a entidade financeira intensifica o seu apoio a un sector fundamental dentro da economía do país e da provincia, a través da división ABANCA Agro. Estes convenios son un claro exemplo do compromiso que ten a entidade á hora de ofrecer produtos financeiros específicos que respondan as necesidades dos agricultores da provincia de León, ofrecendo apoios económicos para o desenvolvemento dunha actividade competitiva, con estruturas modernizadas, con boas redes de comercialización dos produtos e cunha aposta decidida polos novos agricultores que se incorporan por primeira vez ao campo.