ABANCA reforza a súa unidade de Banca Privada en Bilbao
- Juan Carlos González Albarrán incorpórase como director da oficina de Banca Privada de Bilbao
ABANCA segue reforzando a súa unidade de Banca Privada coa incorporación de Juan Carlos González Albarrán como director da oficina de Banca Privada de Bilbao. “Con esta incorporación seguimos completando o equipo de Banca Privada con profesionais que aúnan experiencia e coñecemento do mercado no que van desenvolver o seu labor”, destaca Javier Rivero, director de Banca Privada de ABANCA.
Juan Carlos Gonzalez Albarrán incorpórase a ABANCA como director da oficina de Banca Privada de Bilbao, tras desenvolver a súa carreira profesional en Banco de Santander. En 2013 exerceu como Senior Banker e, desde 2020, como director da oficina de Banca Privada de Bilbao.
A incorporación de Juan Carlos González Albarrán é a terceira nos últimos meses na unidade de Banca Privada de ABANCA no País Vasco, tras a de Edurne Pinedo como directora da oficina de Banca Privada en Vitoria e a de Álvaro Ochoa tamén no equipo de Banca Privada en Bilbao.