• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA reforza o seu apoio ao CB Breogán para as tres próximas tempadas

  • ABANCA convértese nun dos principais patrocinadores do club e será o seu banco oficial
  • Co fortalecemento deste acordo de colaboración, ABANCA consolida o seu apoio ao deporte de Lugo

Jesús Lázare (esquerda) e Javier Soto, coa nova camiseta do CB Breogán.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Jesús Lázare e Javier Soto, coa camiseta da segunda equipación.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

28-12-2018
Corporativo

ABANCASerás redirixido a outro sitio web e o Club Baloncesto BreogánSerás redirixido a outro sitio web acaban de renovar a súa colaboración coa firma dun novo acordo para o próximas tres tempadas, que converte á entidade financeira galega no seu banco oficial e nun dos principais patrocinadores do equipo.

O novo convenio reforza o vínculo de ABANCA co Breogán, que esta tempada regresou á máxima categoría do baloncesto español, a liga Endesa. A marca da entidade financeira galega terá unha maior presenza tanto no equipamento do club como na cancha do Pazo dos Deportes de Lugo.

O presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, acudiron esta mañá ao Pazo dos Deportes lucense para coñecer a nova equipación de xogo do equipo, que loce a marca de ABANCA na traseira da camiseta. Jesús Lázare expresou a súa satisfacción polo acordo: “Estamos plenamente satisfeitos e agradecidos de contar co compromiso de ABANCA durante os próximos anos. Será un pracer e un reto traballar para seguir crecendo, algo que, sen dúbida, será máis fácil co apoio dunha entidade tan importante”, resaltou. Pola súa banda, Javier Soto afirmou que “para ABANCA é un gran orgullo ligar a nosa marca ao deporte, con cuxos valores sentimos moi identificados, e reforzar o noso apoio a un club histórico como o Breogán para seguir camiñando xuntos nesta ilusionante etapa na elite do baloncesto español”.

A nova imaxe da equipación estrearase oficialmente o día 6 de xaneiro, no partido que disputará o equipo celeste contra o Guipuzkoa Basket. Durante este encontro, ABANCA realizará un sorteo de camisetas entre os afeccionados que acudan ao pavillón, e ata final de tempada sortearanse no descanso dos partidos no Pazo agasallos de ABANCA e Cafés Candeas Breogán con duelos de tres en raia xigantes, ao máis estilo NBA.

Partido ABANCA

O acordo de patrocinio contempla tamén a celebración dun partido ABANCA por tempada no Pazo dos Deportes lucense. Nesta campaña coincidirá co encontro entre o Breogán e o Club Baloncesto Málaga, que se disputará a fin de semana do 21 de abril de 2019.

Ademais, no marco deste patrocinio ABANCA convértese na entidade financeira principal do Club Baloncesto Breogán.

Co fortalecemento deste acordo de colaboración, ABANCA consolida o seu apoio ao deporte de Lugo, ao patrocinar aos tres clubs principais da provincia: CD Lugo, Ensino e CB Breogán.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

ABANCA inaugura na Coruña Espacio Avenida

20-02-2025
Corporativo Negocio

O banco contribúe á recuperación do patrimonio histórico no marco do seu compromiso coa Coruña e con Galicia.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .