ABANCA renova a súa colaboración cos regantes de Los Payuelos e impulsa a sostibilidade e a mellora das explotacións de regadío
- O convenio recolle un catálogo de produtos e servizos deseñados pola unidade especializada ABANCA Agro
- Os e as regantes terán acceso ao novo plan de pensións ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’ para persoas autónomas e a ‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’

De esquerda a dereita: José Manuel Raposo, tesoureiro da Comunidad de Regantes de Los Payuelos; Alfonso García, coordinador de ABANCA Agro; Jorge Fernando Álvarez, presidente da Comunidad de Regantes de Los Payuelos; e José Ignacio Álvarez, presidente da xunta de goberno da Comunidad de Regantes.
Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
ABANCA continúa reforzando a súa aposta polo campo coa firma do acordo de colaboración que mantén coa Comunidad de Regantes de Payuelos, que outorga especial relevancia á sostibilidade e que permitirá aos e ás regantes mellorar a xestión dos recursos hídricos nos cultivos.
O acordo foi firmado en Sahagún, León, polo coordinador de ABANCA Agro en Castela e León, Alfonso García, e o presidente da Comunidad de Regantes Los Payuelos, Jorge Fernando Álvarez. Os dous representantes aproveitaron o encontro para conversar sobre a situación actual das explotacións de regadío e para poñer en valor o compromiso da entidade financeira co mundo do campo. Ademáis, as dúas partes acordaron manter un contacto fluido de cara a abordar en conxunto os posibles retos que poidan xurdir no futuro.
Compromiso de ABANCA co sector primario
A través dos convenios, ABANCA ratifica, un ano máis, o compromiso que mantén co sector primario, especialmente co mundo do campo. Trátase dun acordo que sitúa a sostibilidade no foco principal e que conta cunha serie de fórmulas de crédito creadas para os e as regantes. Cunha serie de produtos e servizos específicos, o documento establece a posta en marcha de novos proxectos e a mellora competitiva dos actuais, así como unha serie de préstamos específicos para as explotacións con cultivos de ciclo largo e regadío.
O acordo, que canaliza a unidade especializada ABANCA Agro, ofrece préstamos personais, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros competitivos, así como liñas para favorecer o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario e alternativas de financiamento das diferentes liñas oficiais que ABANCA subscribe con diversos organismos públicos, como o Instrumento Financiero de Gestión Centralizada e as novas liñas de SAECA e ICO.
‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’ e plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’
Outro dos aspectos relevantes do acordo é a ‘Liña de Financiamento Agro Multidestino’, un produto deseñado para responder ás necesidades e demandas do sector do campo que permite unificar nun único contrato o financiamiento do día a día das explotacións e que agrupa o anticipo das axudas da PAC, o acceso a fondos para facer fronte aos gastos de campaña e o financiamento das primas de seguros agrícolas contratados en ABANCA. Todo isto conleva un aforro nos custos e a simplificación de trámites administrativos, polo que as persoas adheridas contarán, previa solicitude e aceptación por parte de ABANCA, con fondos en función das necesidades puntuais que xurdan ao longo do ano.
O convenio establece tamén o novo plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, o primeiro plan de pensións simplificado para persoas traballadoras autónomas. Trátase dunha solución flexible e sinxela, creada para complementar a xubilación do colectivo e xerar un maior aforro que os plans individuais.