ABANCA renova a súa colaboración cos regantes do Páramo e reafirma o seu compromiso co sector agrario leonés
- O banco e a Comunidad General de Regantes Canal del Páramo dan un novo impulso á sostibilidade a través de alternativas de financiamento
- A entidade financeira pon a disposición dos regantes un catálogo de produtos e servizos deseñados a medida pola unidade especializada ABANCA Agro
- Ambas entidades traballan para mellorar a xestión dos recursos hídricos nos cultivos a través do amoblamento de fincas
ABANCA e a Comunidad General de Regantes Canal del Páramo asignaron esta mañá un novo convenio de colaboración para responder ás principais demandas do sector a través do fomento da sostibilidade e a mellora da xestión dos recursos hídricos.
O acordo foi asinado en Santa María del Páramo polo director de zona de ABANCA en León provincia, Pedro Vidal, e o presidente da Comunidad General de Regantes Canal del Páramo, Roberto San Martín. Á firma tamén asistiu o presidente do Sindicato Central del Embalse de Barrios de Luna, Ángel González.
No documento detállanse unha serie de produtos e servizos deseñados especificamente pola unidade especializada ABANCA Agro para o sector, que nos últimos meses estivo marcado polos problemas de sequía e exceso de choivas, así como polo aumento de custos dos insumos. Estes produtos e servizos permitirán aos regantes poñer en marcha novos proxectos e mellorar aspectos fundamentais dos actuais, como o fomento da sostibilidade e a mellora da eficiencia enerxética.
Os préstamos persoais, o leasing mobiliario, préstamos para anticipos de impostos, subvencións e gastos de campañas ou os anticipos da PAC están no foco do acordo. Nel tamén se recollen outras solucións, como as alternativas de financiamento oficiais do ICO, SAECA e o Instrumento Financiero de Gestión Centralizada do MAPA. Ademais destes beneficios, los membros da Comunidad de Regantes poderán acceder ao Programa Servizos ABANCA, que ofrece unha serie de vantaxes, como o aforro no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.
Experiencia e cercanía de ABANCA Agro
A labor da unidade especializada ABANCA Agro é un dos puntos clave do acordo, xa que suma unha ampla experiencia e cercanía no sector grazas á rede de xestores propios con formación nas necesidades do campo coa que conta, que facilita a creación de produtos e servizos a medida para os profesionais do campo.
Este acordo súmase aos recentemente firmados por ABANCA con outras comunidades do sector agrario leonés e ratifican o compromiso da entidade financeira co sector primario da provincia.