• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova a súa proposta de valor adaptada ás necesidades das confrarías da ría de Vigo

  • As confrarías do sur de Galicia abordan nunha mesa de traballo coa entidade financeira os principais retos e desafíos do sector
  • A entidade financeira recolle as demandas do colectivo e amplía un convenio que cumpre dous anos reforzando a competitividade dos pósitos
  • ABANCA incorpora a experiencia dos seus xestores de seguros para empresas, que ofrecerán propostas á medida do sector

O director territorial de ABANCA en Vigo, cuarto pola esquerda, Walter Álvarez, durante o acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

O director territorial de ABANCA en Vigo, ao fondo terceiro pola esquerda, Walter Álvarez, durante o acto.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

05-11-2018
Negocio

ABANCASerás redirixido a outro sitio web volve achegarse ás demandas do mundo do mar no sur de Galicia cunha xornada de traballo na que participaron os responsables das principais confrarías da ría de Vigo. O acto, que tivo lugar esta tarde na sede institucional da entidade financeira na cidade olívica, serviu para poñer o foco nos retos e desafíos dun sector clave para a economía produtiva da comunidade.

A reunión de traballo contou coa participación do director territorial de ABANCA en Vigo, Walter Álvarez, e do director de ABANCA Mar, Javier Fraga, así como outros representantes da entidade financeira vinculados co negocio do sector. Por parte das confrarías asistiron Iago Soto García, patrón maior da Confraría San Francisco de Vigo; Juan Alberto Cal Dacosta, vice-patrón maior da Confraría Virxe do Carme de Arcade; Silvia María Crespo Campos, patroa maior da Confraría Santa Tegra da Guarda; Clemente Bastos Estévez, patrón maior da Confraría San Xoán de Redondela; Susana González Álvarez, patroa maior da Confraría A Anunciada de Baiona; Jose Manuel Gregorio Vaqueiro, patrón maior da Confraría San Cibrao de Aldán-Hío e Francisco Javier Costas García, patrón maior da Confraría San Xosé de Cangas.

Durante preto de dúas horas expuxeron a súa visión sobre a situación do sector na comunidade e, moi especificamente, entre as confrarías da ría de Vigo. Coa cita celebrada esta tarde, xa son tres as edicións dunha reunión dirixida a coñecer de primeira man a realidade do sector e traballar de maneira conxunta en resolver as principais demandas como a renovación da frota ou as alternativas ante as limitacións das capturas.

Crédito para o día a día e propostas á medida en seguros

Ademais de achegarse á realidade do sector no entorno de Vigo, a reunión de traballo permite renovar o convenio de colaboración que ABANCA mantén con estes sete pósitos que operan no sur de Galicia. A entidade financeira e os máximos responsables das confrarías rubricaron un texto que dá cabida a produtos creados especificamente para traballadores e empresas do mar. Entre eles, inclúense solucións xa coñecidas como o préstamo persoal, desconto comercial, confirming, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, avais, anticipos a subvencións ou pago de impostos e financiamento oficial a través do Igape e ICO.

Pero sen dúbida, a gran novidade deste ano ten que ver coas necesidades máis inmediatas do colectivo, ás que se dá resposta a través dunha renovada póliza de crédito para o sector pesqueiro. Ademais de incluír un anticipo para paros biolóxicos, o produto gaña en flexibilidade e capacidade de adaptación ao cliente. A esta aposta polo financiamento a corto prazo súmase o impulso de ABANCA Mar á renovación da frota, con produtos creados para este cometido e así lograr a mellora competitiva das embarcacións.

As novidades deste texto complétanse cun novo modelo de racionalización do catálogo de seguros para este segmento, que vai permitir ofrecer respostas dunha maneira máis áxil. Un equipo de xestores especializados en seguros de empresa encargarase de trazar propostas para este colectivo de clientes, coñecerá in situ as súas necesidades, analizará as opcións e ofrecerá unha proposta de valor a medida.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .