• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova o acordo para brindar crédito ás confrarías de pescadores de Lugo

  • A entidade financeira reúnese coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e cos patróns maiores de todas as confrarías da provincia para presentar a súa oferta financeira
  • Con este novo acordo, que se suma aos alcanzados cos pósitos da contorna de Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña durante os últimos meses de 2018, o banco completa o seu plan de respaldo ao sector marítimo en Galicia

O director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto (cuarto pola esquerda), e o director de ABANCA Mar, Javier Fraga (cuarto pola dereita), durante a firma en Burela.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

01-03-2019
Negocio

ABANCA amplía o seu plan de apoio estratéxico ao sector pesqueiro galego, e concretamente ao da provincia lucense, coa firma dun novo convenio financeiro coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de LugoSerás redirixido a outro sitio web e cos pósitos de Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo. Unha firma que tamén serviu para analizar as necesidades e principais desafíos aos que se enfronta o sector, co obxectivo de seguir ofrecendo produtos e servizos adaptados ás súas demandas.

No acto, celebrado en Burela, interviñeron, por parte da entidade financeira, o director territorial de en Lugo, Javier Soto; o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga; e o director de zona da Mariña, Carlos Teijeiro, ademais de diversos directores das oficinas afectas a estas confrarías. Por parte dos pósitos tomaron partido os patróns maiores das confrarías: José Basilio Otero (presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e patrón maior da Confraría San Juan Bautista de Burela), Domingo Rey (da Confraría Santiago Apóstol de Celeiro), José Juan Lestegás (da Confraría de Foz), Javier Martínez (da Confraría de Ribadeo), Javier Sánchez (da Confraría de San Cibrao), e Diego Pernas (da Confraría do Vicedo).

O convenio pon a disposición das confrarías unha póliza de crédito específica, con intereses moi baixos, co obxectivo de dar solución aos períodos de paro biolóxico e caída de ingresos que afectan ao sector. O texto tamén inclúe outros produtos a medida do sector, como a hipoteca naval para financiar buques e outro tipo de embarcacións vinculadas á actividade pesqueira, ou seguros personalizados para este colectivo.

O acordo inclúe igualmente outros produtos habituais como préstamos persoais sen intereses ou comisións para aprazar o pago de impostos ou subvencións, liñas de desconto, leasing mobiliario, confirming, avais, coberturas de prezos sobre gasóleo ou liñas de comercio exterior. Ademais, os membros das confrarías tamén poderán acceder aos plans de financiamento con respaldo institucional, como o Plan Activamos asinado por ABANCA coa Deputación de Lugo, que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos ou a creación de emprego, entre outras. Tamén poderán beneficiarse doutros programas oficiais de crédito do ICO e Igape.

A finais de 2018, a entidade financeira tamén renovou os acordos que mantén cos pósitos da contorna de Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña. Con esta nova firma en Burela, ABANCA completa o seu plan de respaldo a unha área fundamental da economía galega.

Entidade de referencia para o sector pesqueiro e conserveiro

Esta alianza coas principais confrarías galegas súmase aos acordos que ABANCA mantén con outros grupos de acción local do sector pesqueiro, ademais doutras organizacións do mundo do mar. Recentemente a entidade financeira tamén conseguiu alcanzar un importante acordo coa Confederación Española de Pesca (Cepesca) para impulsar a renovación da frota española e a mellora competitiva do sector.

ABANCA apoia o traballo e esforzo dos traballadores deste sector clave a través dunha unidade especializada: ABANCA Mar, cuxa oferta de valor complétase cun catálogo produtos financeiros centrados no negocio da pesca e a conserva e a experiencia dun equipo de profesionais altamente cualificados.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA, premio SPi Europe ao Distribuidor do Ano en Portugal

21-05-2025
Negocio

A entrega da distinción tivo lugar nunha gala celebrada no Palazzo Mezzanotte de Milán, sede da bolsa da capital lombarda, coa asistencia de líderes, expertos e profesionais da industria.

Representantes de ABANCA na entrega dos Premios SPi Europe

ABANCA apoia unha nova edición dos Días Azuis para fomentar as vendas nos establementos locais

19-05-2025
Negocio

O director de Banca Cliente Valor de ABANCA, Enrique Marticorena; xunto co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén; presentaron esta mañá a edición 2025 da campaña “Días Azuis do Comercio Galego”, que se desenvolverá entre o 20 de maio e o 10 de xuño.

Presentación da campaña Días Azuis en Santiago
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .