• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova o seu apoio estratéxico ao sector pesqueiro cun novo acordo coas principais confrarías da Mariña

  • A entidade financeira asina telemáticamente coa Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo un convenio para facer fronte ás circunstancias extraordinarias nas que se atopa o sector
  • O banco pon en valor a súa unidade especializada no sector, ABANCA Mar, para dar resposta a un segmento económico esencial da nosa comunidade con solucións adaptadas ás novas necesidades xurdidas

A rúbrica realizouse por primeira vez dunha maneira non presencial e tivo lugar logo dunha reunión a través de videoconferencia.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

29-05-2020
Negocio

ABANCA, a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e as principais confrarías lucenses acaban de asinar un novo convenio financeiro que dá resposta ás novas demandas do sector na zona. Trátase dun acordo estratéxico que responde as necesidade xurdidas coa crise da COVID-19.

Na firma, que se celebrou de xeito telemático, participaron, por un lado, o director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, e o director de ABANCA MarSerás redirixido a outro sitio webhttps://cofradiaslugo.com/gl/Serás redirixido a outro sitio web, Javier Fraga, e por outro, José Basilio Otero Rodríguez, presidente da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo e patrón maior da Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela; Javier Sánchez Fernández, patrón maior da Confraría de Pescadores de San Cibrao; Javier Martínez Otero, patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo; Diego Pernas Lamelas, patrón maior da Confraría de Pescadores do Vicedo; José Juan Lestegás Iglesias, patrón maior da Confraría de Pescadores de Foz; e Domingo Rey Seijas, patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro.

A rúbrica realizouse por primeira vez dunha maneira non presencial para así cumprir coas recomendacións sanitarias e tivo lugar logo dunha reunión a través de videoconferencia. Os principais representantes do sector na Mariña transmitiron as súas impresións do que aconteceu nos últimos meses e dos seus plans para o resto do ano. Durante o seu transcurso, quedou patente o compromiso do banco con este sector esencial na provincia de Lugo, aínda máis nestas circunstancias tan especiais derivadas da crise sanitaria actual.

Unha oferta á medida do sector

Este convenio permite aos pescadores da Mariña lucense contar cunhas condicións financeiras melloradas, mediante unha póliza de crédito específica, deseñada para atender a baixada de produción e demanda con xuros competitivos para facer fronte á nova situación do mercado.

Os confrades tamén terán á súa disposición toda a oferta de ABANCA centrada no sector pesqueiro, que inclúe, entre outras vantaxes, préstamos persoais, sen xuros ou comisión, con amplos prazos de amortización, para aprazar o pago de impostos, liñas de comercio exterior, leasing mobiliario, confirming, avais, coberturas de prezos sobre gasóleo ou desconto comercial.

Este acordo tamén inclúe produtos específicos para facer fronte ao financiamento de embarcacións e outros investimentos vinculados á actividade económica do sector.

Do mesmo xeito, as persoas pertencentes a estes grupos na Mariña lucense poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais.

Esta firma segue a estela dos acordos rubricados con outras confrarías galegas, ademais de diversas organizacións pesqueiras e conserveiras. Non en balde, este sector é un dos máis relevantes da economía produtiva da comunidade e, como tal, ABANCA amosa o seu apoio e segue a traballar nunha oferta que dea resposta ás súas necesidades. Todo grazas a unha división especificamente encamiñada a atender e apoiar os profesionais deste sector: ABANCA Mar

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

ABANCA colabora coa Axencia Tributaria no pago de impostos con Bizum e tarxeta

03-04-2025
Negocio

É unha das catro entidades financeiras que desenvolveron para a AEAT os novos métodos de pago dixital, que se estrean coincidindo co inicio da campaña da renda 2024

Logotipo de ABANCA nunha das sedes corporativas do banco.

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

26-03-2025
Negocio

ABANCA mobililiza 425 millóns en financiamento para as empresas da área de influencia da Coruña

O director territorial de ABANCA cos representantes das áreas industriais
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .