• Ir ao contido
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Novas
  • Mediateca
  • Información básica
  • ico-accesibilidad-desplegable Opciones accesibilidad
    • Texto

    • Filtros de color

    • Seleccionar colores

  • Novas
  • Información básica
  • Español
Ver todas as novas

Etiquetado como:

ABANCA renova o seu compromiso co proxecto do Ademar ata 2024

  • A entidade financeira amplía o seu apoio ao conxunto ademarista e seguirá como principal patrocinador as tres próximas tempadas
  • O novo acordo de colaboración permitirá dar continuidade ao proxecto deportivo do club desde o primeiro equipo ata as categorías inferiores

O director territorial de ABANCA en Castela e León/Asturias, Marcos Lamas, xunto ao equipo directivo, corpo técnico e primeiro equipo do ABANCA Ademar.

Descarga en alta resolución Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

13-04-2021
Corporativo

ABANCA cumprirá polo menos unha década como principal patrocinador do ABANCA AdemarSerás redirixido a outro sitio web, logo de renovar o acordo de colaboración que mantén co club leonés. A entidade financeira dá así un novo impulso ao seu traballo conxunto co equipo ademarista e prolonga o patrocinio tres anos máis, como mínimo ata o final da tempada 2023-2024.

ABANCA converteuse no principal patrocinador do club de balonmán leonés ao inicio da tempada 2014-2015, momento no que a marca da entidade financeira incorporouse tamén ao nome do primeiro equipo. Desde ese momento, ABANCA mantivo unha vocación de permanencia, clave para conferir estabilidade ao proxecto, contribuír á profesionalización da xestión e impulsar os éxitos deportivos. Precisamente durante esta etapa o conxunto ademarista mantivo un alto nivel de competición, con distintos subcampionatos na Liga, na Copa ASOBAL e na Copa do Rei, participación constante na Liga Europea da EHF e tamén na Liga de Campións da EHF.

Logo de ampliar as vindeiras tres campañas o acordo, o banco seguirá cedendo o seu nome ao equipo, que se manterá como ABANCA Ademar. A marca da entidade financeira volverá a ocupar un lugar principal na camiseta, pero tamén noutros soportes relacionados co club como a cartelería, a web, as publicacións oficiais, o autobús, o recinto deportivo ou os carnés de socio, entre outros.

A entidade financeira mantivo este apoio ao club ademarista o pasado ano despois da suspensión das competicións debido á alerta sanitaria creada pola pandemia da COVID-19. ABANCA tomou a decisión de abonar integramente os sus patrocinios deportivos, independentemente do desenvolvemento das distintas competicións. No caso particular do ABANCA Ademar, a Liga ASOBAL suspendeuse cando aínda restaban por disputarse case un terzo dos partidos.

Un apoio que trascende a esfera deportiva

Máis alá do impulso ao futuro do primeiro equipo, este acordo busca desenvolver unha das canteiras máis importantes do balonmán nacional. O banco apoia con esta colaboración ás categorías inferiores do club, que nutriran de balonmanistas ao ABANCA Ademar, pero que tamén triunfaran na selección española de balonmán e noutros equipos e ligas.

Nesta vocación de promoción do deporte, o banco tamén apoiou ao ABANCA Ademar na celebración de grandes eventos deportivos de balonmán na cidade. Proba disto son as catro edicións da Copa ASOBAL celebradas consecutivamente entre as tempadas 2014-2015 e 2017-2018 en León e unha edición da Copa do Rei de balonmán na tempada 2016-2017.

Todo iso sen esquecer outras iniciativas de promoción como a activación de medidas financeiras para impulsar a campaña de abonos, a captación de socios, a celebración do “Partido ABANCA” ou a participación activa en distintas actividades socioeconómicas relacionadas coa familia ademarista.

Compartir en

  • Abrirase nunha nova ventá.
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
  • Abrirase nunha nova ventá.

Otras noticias relacionadas:

COMUNICADO

12-05-2025
Corporativo

Ante as recentes informacións publicadas en diversos medios sobre unha posible operación corporativa con Banco Sabadell, ABANCA desexa insistir que non ten interese nesta operación. Somos unha entidade comprometida coa xeración de valor sostible para os nosos clientes, empregados e accionistas, e calquera decisión estratéxica que tomemos estará sempre aliñada con este obxectivo.

ABANCA seguirá dando nome ao FID Ciudad de León durante o próximos tres anos

07-03-2025
Corporativo

O banco e a organización renovan o acordo de colaboración que mantiñan e que reforza o apoio da entidade ao FID desde a súa primeira edición.

  • Contacto
  • abanca.comSerás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Serás redirixido a outro sitio web
  • Sobre ABANCA

    • Esta webSerás redirixido a outro sitio web
    • Información corporativaSerás redirixido a outro sitio web
    • Información investidoresSerás redirixido a outro sitio web
    • Banesco InternacionalSerás redirixido a outro sitio web
    • Atención ao clienteSerás redirixido a outro sitio web
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidadeSerás redirixido a outro sitio web
    • Somos accesíbeisSerás redirixido a outro sitio web
    • Política de cookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Configuración de CookiesSerás redirixido a outro sitio web
    • Aviso legalSerás redirixido a outro sitio web
    • Taboleiro de anunciosSerás redirixido a outro sitio web
    • Outra informaciónSerás redirixido a outro sitio web
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web
    • Banca electrónica para empresasSerás redirixido a outro sitio web
    • Mercar entradasSerás redirixido a outro sitio web
    • EscogecasaSerás redirixido a outro sitio web
    • Bróker onlineSerás redirixido a outro sitio web
    • NXSerás redirixido a outro sitio web
    • Cuentas Claras: Blog ABANCASerás redirixido a outro sitio web
  • Produtos

    • Contas e aforroSerás redirixido a outro sitio web
    • TarxetasSerás redirixido a outro sitio web
    • HipotecasSerás redirixido a outro sitio web
    • CréditosSerás redirixido a outro sitio web
    • SegurosSerás redirixido a outro sitio web
    • Plans de pensiónsSerás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para particularesSerás redirixido a outro sitio web
    • Necesitas axuda?Serás redirixido a outro sitio web
    • Todos os produtos para empresasSerás redirixido a outro sitio web
© 2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os direitos reservados. .